HomeMedio ambiente e PatrimonioLimpeza voluntaria do Castro do Castrelao o día 16 de outubro

Limpeza voluntaria do Castro do Castrelao o día 16 de outubro

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur é a promotora dun proxecto de posta en valor do Castro do Castrelao. Esta campaña, dirixida polo arqueólogo Luís Cordeiro, dará continuidade á primeira intervención realizada en 2018 baixo a dirección de Iván Álvarez Merayo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur solicita a colaboración de veciños e veciñas desta e doutras parroquias lindantes así como a de calquera persoa que queira colaborar coa recuperación do patrimonio histórico da Ribeira Sacra.

Esta colaboración consiste na limpeza manual de dúas áreas do castro: a croa e o antecastro. As persoas voluntarias terán que traer o material propio (desbrozadora ou semellante) e anotarse enviando un correo cos seus datos e contacto ao enderezo electrónico vilachasalvadur@gmail.com

A actividade realizarase o sábado 16 de outubro ás 9h da mañá. O lugar de encontro será o Campo da Festa, nas adegas de Vilachá de Salvadur.

As persoas que participen farano sempre a título persoal, baixo a súa responsabilidade e de maneira completamente voluntaria. A asociación non se fai responsable de posibles accidentes que poidan sufrir tanto persoas como o material propio. Ao rematar o traballo haberá uns pinchos nas adegas a cargo da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...