InicioMedio ambiente e PatrimonioOs catamaráns da Ribeira Sacra incrementan ao 90% a súa capcidade

Os catamaráns da Ribeira Sacra incrementan ao 90% a súa capcidade

Publicado o

- Advertisement -

O servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, impulsado pola Deputación de Lugo, amplía ata o 90 por cento a súa capacidade máxima desde este sábado tras o cambio das normas sanitarias publicado o venres no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Con todo, a institución provincial apunta que “se manterán vixentes as restantes medidas de prevención e contención” da covid-19 como as distancias, o uso da máscara, a hixiene de mans e a desinfección das embarcacións.

A Deputación de Lugo espera que a ampliación do número de viaxeiros nos catamaráns contribúa a “aumentar o efecto multiplicador” que ten este servizo turístico na economía da Ribeira Sacra, “sobre todo na hostalaría e no comercio”.

No que vai de tempada, desde que arrincou en marzo, máis de 26.000 persoas asistiron a estas rutas turísticas, 16.000 durante o verán.

As persoas que o desexen poden reservar o seu billete na páxina ‘reservas.rutasembalses.es’, contactar no correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org ou chamar ao 982 260196 en horario de luns a venres, de 09,00 a 14,30 horas.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...