HomeMedio ambiente e PatrimonioAxenda outonal en Pantón: andainas e obradoiros

Axenda outonal en Pantón: andainas e obradoiros

Roteiro de Meigas, visita ao xacemento do ‘Preguntoiro’ e un obradoiro de herbas máxicas, atractivas propostas para rematar outubro e comezar novembro no Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O domingo 31 de outubro o colectivo Segredos de Pantón organiza unha andaina entre as parroquias de Santiago e San Vicente de Castillón e a de Santa María de Ferreira de Pantón para coñecer historias de meigas.

O punto de encontro deste ‘Roteiro das Meigas’ será a Praza de Goián ás 9:30 h. contando con rematar o percorrido duns 8 quilómetros cara as 13:00 h.

A organización estima en 30 as prazas, e para anotarse facilitan o correo electrónico segredosdepanton@gmail.com e o teléfono 662669223 (Lucas Vázquez). Cobraranse 2 euros por participar.

Este mesmo día, a Asociación cultural ‘Virxe das Neves’ de Pombeiro organiza, xunto co colectivo Segredos de Pantón, Xunta de Galicia e o Concello, unha visita cultural e un magosto.

O punto de encontro será a carón da fonte de Cibrisqueiros ás 16:30 h. A partir de aquí irase camiñando ao lugar do ‘Preguntorio’, onde están realizando unha excavación para atopar a antiga capela de San Xoán Degolado. Unha vez alí, parte do equipo arqueolóxico dará unha explicación aos presentes sobre os traballos que se están a realizar. A continuación farase un magosto popular con chourizo, pan, auga e castañas.

O custe da actividade é de 5 euros e para anotarse –antes do 29 de outubro–cómpre chamar aos teléfonos 627864805 / 662669223.

OBRADOIRO

Para o 5 de novembro, o Concello de Pantón organiza, en colaboración coa Deputación de Lugo, un obradoiro de “Herbas máxicas e fabricación de ungüentos”.

Terá lugar na Casa da Cultura do Castro de Ferreira en horario de 16:00 a 20:00 h. e prégase inscrición previa no teléfono 982 456377.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...