HomeCulturaXV Xornadas do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra

XV Xornadas do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra

As xornadas celebraranse na fin de semana do 15 e 16 de setembro, os interesados poden inscribirse a través da web da Asociación Camiño de Inverno ou chamando ao concello da Pobra do Brollón que é o concello protagonista desta edición.

Publicado o

- Advertisement -

Estas xornadas están adicadas cada ano a un concello co obxectivo de impulsar o Camiño de Inverno e os recursos turísticos de cada municipio. Nesta ocasión  o concello protagonista é A Pobra do Brollón e serán puntos de referencia algúns dos principais recursos turísticos do concello, como os castros, as adegas de Vilachá e a ribeira do Sil.

A xornada do día 15 comezará ás 16.30 coa saída en autobús desde Monforte a Vilachá de Salvadur, onde se iniciará un percorrido  a pé entre os socalcos baixando ata Augas Mestas con regreso a Vilachá (8 quilómetros). Ás 19.30 serán recibidos en Vilachá polo alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. Farase visita ás adegas, e degustación de viño e produtos da terra amenizada co Cantar de Cego sobre Atilano. O regreso a Monforte está previsto para as 21.00.

O día 16 a saída do autobús de Monforte será ás 9.00 da mañá, trasladarase ata Barxa de Lor onde se iniciará un percorrido a pé polo Camiño de Inverno entre Barxa de Lor e Cereixa. Ás 11.00 visitarase o pavillón municipal para ver as instalación postas en funcionamento polo concello como albergue solidario provisional. Ás 13.00 farase visita guiada ao Castro de San Lourenzo cos responsables do equipo de escavación que traballa no Castro. Despois do xantar visitarase a Mina da Veneira de Roques ás 16.30.

Establécense diferentes opcións para participar das xornadas, os dous días teñen un prezo de 25€, un día 20€ e un día sen xantar 15€. O ano pasado as Xornadas celebráronse en Pantón e participaron 70 persoas vidas de toda Galicia, agárdase seguir nesta mesma liña. As Xornadas presentáronse por parte de Aida Menéndez, Presidenta da Asociación do Camiño de Inverno a Santiago e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.

O rexedor local asegurou que o concello da Pobra aposta polo Camiño como recurso e que colaborará en todo o necesario para dinamizalo dentro do seu territorio. Aproveitaba Aida Menéndez para felicitar ao concello por ter posto en marcha o albergue solidario provisional e poder dar, deste xeito, servizos aos peregrinos.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...