HomeMedio ambiente e PatrimonioO lume de Outeiro, en Quiroga, estabilizado

O lume de Outeiro, en Quiroga, estabilizado

Segundo información de última hora de Medio Rural, o incendio está controlado e afecta a unha superficie arredor das 100 hectáreas.

Publicado o

- Advertisement -

Tal como informa a Consellería do Medio Rural, o lume comezaba ás 17:31 h. de onte na parroquia de Outeiro, no Concello de Quiroga, e todo parece indicar que foi provocado por un raio. Afecta a unha superficie de arredor de 100 hectáreas e no operativo participan 1 técnico, 9 axentes, 43 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións.

Foto do lume sacada desde a aldea do Soldón da Seara. Foto: O Soldón da Seara (Twitter)

Sobre as 19.30 h. chegaba a Xornal de Lemos a nota de prensa na que se informaba do anterior dando ademais por estabilizado este incendio cara ás 17:55 h. deste luns.

A zona afectada é maiormente matogueira e na zona baixa das montañas afectadas arderon algúns carballos, non correndo ningún perigo núcleos de poboación da zona.

Xente do operativo informou a Xornal de Lemos que a choiva desta tarde axudou na extinción e que a zona afectada é de difícil acceso por mor das ladeiras e pendentes tan pronunciadas do Courel. Este tipo de orografía, tamén nos comentan, fai que as estimacións de zona afectada polo lume non sexan precisas porque as medicións adoitan facerse por plano.

Foto tomada este luns. Incendio controlado. Foto: J.C.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...