HomeMedio ambiente e PatrimonioXa poden solicitarse queimas agrícolas e forestais

Xa poden solicitarse queimas agrícolas e forestais

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar que permitirá dende este 22 de abril a tramitación de permisos para facer queimas de acordo coa normativa vixente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As condicións meteorolóxicas permiten que se retomen os permisos para a relaización de queimas de restos de agrícolas e forestais amoreados. O día 22, venres, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, dende este momento poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación.

A Consellería de Medio Rural lembra así mesmo que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...