HomesociedadeBiodiversidade si, pero salubridade tamén

Biodiversidade si, pero salubridade tamén

Veciñanza do barrio da Ponte en Chantada quéixase polo abandono do río Asma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O río Asma ao seu paso polo barrio da Ponte en Chantada presenta un estado de abandano absoluto, no que xa non se ve o río e incluso medran árbores. Iso denuncia a veciñanza da zona afirmando, “Aquí xa non temos un río, agora é case coma un prado. É unha zona totalmente salvaxe con moitas ratas, un niño de todo”.

Aseguran os veciños que fai 8 ou 10 anos que non se limpa o río en condicións a pesar de terllo solicitado ao concello en varias ocasións. E din estar cansos porque o concello non fai nada e remíteos á Confederación Hidrográfica Miño Sil. “Nestes días a través de internet, na páxina de medio ambiente da Confederación Hidrográfica acabamos de deixar unha nota sobre este problema ao que ninguén nos dá solución, porque un por outro, a casa sen varrer”, asegura Rosalía Aracely González Sáez, unha das veciñas afectadas.

Río Asma no barrio da Ponte / RSGS

“Aquí a xente está cansa”, prosegue, “cando o río desbórdase chega o tema das indemnizacións e son moitos cartos. Ter o río sen limpar é unha mala xestión, porque se eles puxesen medios non terían que gastarse todo o diñeiro que gastan para indemnizacións. Cada vez que hai unha riada temos unha movida na casa de medo. En canto sobe o nivel empeza a filtrar na planta de abaixo, acumúlanse restos de todo o que arrastra a auga e o nivel sobe máis. Despois a auga como sobe, baixa, pero xa fixo o dano. É inconcibible que nos teñan así en favor da biodivesidade cando é insalubre para as persoas por deixadez das administracións”.

Río Asma no barrio da Ponte / RSGS

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...