HomeMedio ambiente e PatrimonioO lume achégase á Seara

O lume achégase á Seara

O lume non dá tregua no Courel e achégase perigosamente á Seara, núcleo emblemático xa no Concello de Quiroga. Núcleos como Vieiros, Ferramulín, Visuña e mesmo A Seara tiveron que ser desaloxados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os incendios da Pobra do Brollón –Saa– e Folgoso do Courel –Vilamor– xuntáronse e, segundo a información que pasaba esta mañá a Consellería do Medio Rural, a superficie calcinada ascende a unhas 7.500 hectáreas. A proximidade a núcleos rurais habitados fai que a situación de emerxencia continúe no grao 2.

A virulencia destes lumes fixo que cheguen xa a Quiroga, con perigo serio para a Devesa da Rogueira e aldeas como a emblemática Seara. O lume baixa xa polo Val da Seara e segundo soubemos por veciños do lugar varios núcleos foron xa evacuados: Ferramulín, Vieiros, Soldón, Visuña e mesmo a Seara. Só queda nesas aldeas a xente nova que está axudando na extinción.

Falamos con Séchu Sende hai uns intres e dinos que o lume está queimando a campa e o piñeiral da Lucenza, onde a mítica lagoa glaciar, e baixa cara a Seara. De momento pouco a pouco pero a situación é moi perigosa e non hai nin rastro de medios aéreos que serían necesarios para evitar que as lapas cheguen abaixo, ao núcleo habitado.

Séchu láiase da falta de medios aéreos e dos poucos terrestres. Estes últimos están facendo o posible para evitar, creando pistas e cortalumes, que o lume chegue tamén á Devesa da Rogueira. Neste senso tamén comenta, e difundiu nas redes sociais, que están atopando situacións de inoperancia como o atranco dun camión da UME na estrada que está impedindo o paso cara a Seara.

Camións da UMe, un esbarrancado e outro que non devolvelo á estrada, atrancando o paso. Foto: Séchu Sende

OUTROS LUMES

O lume de Folgoso do Courel, en Seceda, tamén segue en Situación 2 e leva calcinadas unhas 1.100 hectáreas.

En Quiroga está estabilizado o lume da parroquia do Nocedo, que queimou 15 hectáreas, e o de Outeiro aínda sen estabilizar chega ás 375 hectáreas afectadas.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...