HomeMedio ambiente e PatrimonioUnanimidade no Courel para enfrontar a situación de "catástrofe"

Unanimidade no Courel para enfrontar a situación de “catástrofe”

No concello de Folgoso do Courel celebrouse este venres pleno que aprobou por unanimidade unha proposta da alcaldía con medidas para facer fronte aos efectos dos incendios deste mes de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta da alcaldía comeza facendo referencia a que os incendios forestais iniciados o xoves, 14 de xullo, na contorna das poboacións de Froxán, Eiriz e Seceda, e que se viron agravados fortemente nos días sucesivos por mor das elevadas temperaturas, expandíndose a gran parte do termo municipal e arrasando aproximadamente 11.100 hectáreas de terreo, propiciaron o que o artigo 2.5 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil denomina situación de “ emerxencia de protección civil” ou “emerxencia extraordinaria”, a cal vén constituída por unha situación de risco colectivo sobrevida por un evento que pon en perigo inminente a persoas ou bens e esixe unha xestión rápida por parte dos poderes públicos para atendelas e mitigar os danos e tratar de evitar que se converta nunha catástrofe.

“Consecuencia delo, centos de brigadistas terrestres e aéreos e de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias desprazáronse á contorna do Xeoparque Mundial Montañas do Courel para participar nas labores de extinción, loitando incansablemente, xunto con voluntarios e voluntarias, así como con veciños e veciñas que decidiron permanecer nas súas aldeas para defender persoalmente os seus fogares, na sufocación dos lumes. Todo o Concello foi testemuño da extrema gravidade da situación que se vivíu, e que puxo en risco colectivo o noso municipio, xerando un estado de perigo inminente ás persoas e bens, tal e como demostran as sucesivas resolucións da Consellería de Medio Rural, decretando, como medidas preventivas, a situación 2”.

Incendio Courel 2022 / Guillermo Díaz

O fume afectou a multitude de núcleos de poboación arrasando vivendas e infraestruturas privadas, plantacións, equipamentos agrícolas, apícolas e forestais; propiciou o desaloxo de moitos veciños e veciñas das súas vivendas por mor dunhas lapas que ameazaban con destruír todo canto se atopaban ó seu paso; obrigou a pechar diversas estradas de acceso ó municipio; xerou cortes de subministro eléctrico; afectou a traídas e auga; arrasou aldeas e calcinou boa parte do patrimonio natural, flora e fauna do noso entorno. En definitiva, a situación revestiu un carácter de emerxencia extraordinaria e excepcional sen precedentes.

A proposta da alcaldía sinala que unha vez estabilizada a situación cómpre dar inicio á fase de recuperación, sendo preciso que tódalas Administracións Públicas poñamos en marcha un conxunto de accións e medidas de axuda que se dirixan a restablecer á normalidade da zona sinistrada e coadxuven a paliar os aínda hoxe incalculables danos producidos.

Sinala que o Concello de Folgoso do Courel encóntrase, a día de hoxe, nunha situación de “catástrofe”, a cal, de acordo co regulado no artigo 2.6 da Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil, é unha
situación ou acontecemento que altera ou interrompe substancialmente o funcionamento dunha comunidade ou sociedade por ocasionar gran cantidade de vítimas, danos e impactos materiais, cuxa atención supera os medios dispoñibles da propia comunidade.

Pleno Folgoso do Courel incendios / Concello Folgoso do Courel

Con todo o pleno aprobou:

  • Solicitar ó Goberno de España a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, a fin de que os veciños e veciñas poidan resultar beneficiarios das liñas de axudas que se contemplan no texto legal. Asimesmo, solicitar á Subdelegación do Goberno colaboración técnica suficiente aos efectos de tramitar as solicitudes das axudas que se insten polos afectados ó amparo do Real Decreto 307/2005.
  • Solicitar á Xunta de Galicia apoio técnico para levar a cabo as tarefas de valoración e avaliación dos danos e para facilitar ós veciños e veciñas a tramitación das liñas de axudas ás que poderán acceder os afectados ó abeiro das sucesivas convocatorias que se publiquen con base ó Decreto da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes nº 130/2022 de 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, publicado no Diario Oficial de Galicia o venres, 22 de xuño de 2022.
  • Solicitar á Deputación Provincial de Lugo a convocatoria dunha liña de axudas ou subvencións para atender as necesidades derivadas desta situación de emerxencia de natureza catastrófica.
  • Ofrecer a colaboración deste Concello para a avaliación dos danos
    producidos, así como para a tramitación das solicitudes de axuda que se formulen polos afectados.

ÚLTIMAS

O programa da Escola á Granxa preséntase este 9 de abril no Centro Cívico de Monforte

O deputado de Rural, Daniel García e persoal da área impartirán unha charla informativa...

O servizo de augas de Monforte é alleo ás análises de auga que se están facendo nas casas

Tanto o concello de Monforte como Aqualia veñen recibindo nos últimos días chamadas da...

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...