HomeMedio ambiente e PatrimonioSober xa subministra auga con camións cisterna a algunhas aldeas

Sober xa subministra auga con camións cisterna a algunhas aldeas

O rexedor, Luís Fernández, di que "desde fai quince días, e cada día máis, pode ser que haxa entre oito e dez lugares" que precisan auga "con cisternas propias"

Publicado o

- Advertisement -

Concello de Sober habilita desde hai 15 días camións cisterna pra trasladar auga a unha decena de núcleos de poboación deste municipio do sur da provincia de Lugo que tamén sofre os efectos da seca.

O alcalde, Luís Fernández, constatou que esta situación lles afecta “como a outros concellos da contorna, porque na zona sur, segundo a Confederación Hidrográfica (Miño-Sil), estase en alerta máxima pola seca na conca do río Cabe“.

No caso concreto de Sober, o rexedor subliñou que a auga da traída municipal “abastece a un 80 por cento da poboación que non ten problemas de subministración porque ademais dos mananciais, que é moi escasa, bombean directamente do río Cabe“.

“O que sucede é que gastamos máis diñeiro do habitual porque hai que bombear e clorar e o bombeo é máis caro que a subministración que vén dos mananciais”, aclarou Fernández. No entanto, isto non é óbice para que haxa “problemas en moitos lugares que teñen traídas locais”. “Sober conta con 22 parroquias e preto de 300 núcleos onde moitos teñen traídas locais e neste caso están a fallar moitas”, detallou.

O caso é que Luís Fernández acreditou que “desde fai quince días, e cada día máis, pode ser que haxa entre oito e dez lugares” que precisan auga “con cisternas propias”. “Nalgúns puntos son casas illadas e nalgún pobo que conta con dúas casas pois igual só se vive nunha delas, unha persoa ou unha familia, e hai que levarlles auga”, certificou o alcalde.

Deste xeito, Sober súmase a outros moitos concellos da provincia onde xa se impuxeron restricións ao consumo de auga, como Ferreira de Pantón, Castro de Rei, Ribas do Sil ou Taboada.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...