HomeMedio ambiente e PatrimonioAchada unha "entrada monumental" na escavación de Penas do Castelo

Achada unha “entrada monumental” na escavación de Penas do Castelo

A primeira expedición fixérona nun muro exterior. Con esta comprobaron que o muro era máis ancho do que parecía ao principio e resultou ser unha primeira muralla defensiva de case un metro de grosor.

Publicado o

- Advertisement -

A segunda campaña de escavación do xacemento de Penas do Castelo, no municipio lucense da Pobra do Brollón, finalizou co descubrimento dunha “entrada monumental” ao complexo.

Estas accións enmárcanse na expedición arqueolóxica financiada pola Xunta e que dá continuidade á primeira escavación, do ano 2021, na que dataron o xacemento do século IX a.C.

Segundo informou o Concello da Pobra do Brollón, un dos obxectivos era atopar o acceso ao xacemento que, debido á súa situación en pendente e protexido por cantiles, era “tremendamente complicado”.

Así, nas dúas sondaxes que se realizaron para a detección do acceso tiveron éxito, xa que localizaron dúas entradas relacionadas que crean un “acceso monumental”.

RESULTADOS DAS SONDAXES

A primeira expedición fixérona nun muro exterior. Con esta comprobaron que o muro era máis ancho do que parecía ao principio e resultou ser unha primeira muralla defensiva de case un metro de grosor. Ademais, neste procedemento atoparon unha entrada ao recinto intermedio entre as dúas murallas.

A segunda intervención realizárona nunha zona onde a muralla facía unha plataforma plana. Con isto, os arqueólogos descubriron as dúas caras dunha entrada monumental de tres metros e medio de ancho, que é o acceso ao recinto principal do xacemento.

A arqueóloga Elena Taboada de Árbore remarcou que “en ningún caso, os poucos exemplos de castros tan antigos que se coñecen teñen este nivel de monumentalidade e pertificación”.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...