HomeMedio ambiente e PatrimonioCompostaxe domiciliaria para 40 vivendas no concello do Incio

Compostaxe domiciliaria para 40 vivendas no concello do Incio

O Concello do Incio, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, implantará unha campaña de compostaxe domiciliaria para promover a reciclaxe da fracción orgánica dos residuos en orixe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña está ideada para a participación de 40 veciños e veciñas do municipio, que recibirán de forma totalmente gratuíta os medios materiais para a elaboración de compost a pequena escala.

A primeira fase da campaña arrincará coa posta en marcha dunha serie de accións de difusión, para sensibilizar á cidadanía no desenvolvemento da técnica de autocompostaxe, e a apertura do prazo de inscrición aos veciños e veciñas que estean interesados en participar. A segunda fase iniciarase tras a selección das persoas participantes, facéndolles entrega dos medios materiais e ofrecéndolles formación e asesoramento a cargo de persoal técnico especializado.

Con esta campaña arredor da compostaxe domiciliaria, o concello do Incio busca unha mellor solución para os residuos orgánicos xerados nos fogares ao mesmo tempo que se trata de evitar a deposición de restos vexetais de podas nos contedores municipais ou na vía pública.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...