HomeMedio ambiente e PatrimonioCampaña sobre recollida e reciclaxe de aceite de cociña usado en Monforte

Campaña sobre recollida e reciclaxe de aceite de cociña usado en Monforte

A acción medioambiental, de carácter informativo e educativo, está organizada polas Concellerías de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Baixo o lema Reciclando aceite evitas que se contamine a auga”, sinalaba o rexedor monfortino na presentación da campaña, “o noso obxectivo é informar aos nosos veciños e veciñas, así como os alumnos e alumnas dos centros educativos de Monforte sobre necesidade de reciclar axeitadamente o aceite de cociña usado, a través dos contedores que o Concello ten ubicado en distintos puntos da cidade”.

José Tomé: “Cada litro de aceite de cociña usado contamina 1.000 litros de auga”

O obxectivo final é conseguir un aumento no volume de aceite recollido, tendo en conta que, en palabras de José Tomé: “cada litro de aceite de cociña usado contamina 1.000 litros de auga”.

DESENVOLVEMENTO DA CAMPAÑA

O Concello de Monforte instalará a vindeira semana 6 novos contedores urbanos para a recollida de aceite usado, que se engaden aos 14 xa existentes en distintos puntos da cidade. Estes puntos de recollida estarán ubicados nas rúas Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Fereiro, Reboredo, Cobas, Corredoira e Chantada.

A campaña dará comezo este venres 11 de novembro e alongarase ata o xoves 17 tendo como obxectivo informar aos veciños e ás veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe deste residuo que se xera nas cociñas dos fogares e que é altamente contaminante para a auga.

A campaña informativa comezará con charlas a alumnos e alumnas de distintos centros educativos de Monforte, contará tamén con accións a pé de rúa a través de carpas informativas e incluirá unha charla informativa dirixida a toda a cidadanía na Casa da Cultura, o vindeiro mércores 16 de novembro ás 18:00 h. Nas accións referidas repartiranse entre a veciñanza folletos informativos e un funil promocional.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...