HomeMedio ambiente e PatrimonioSegredos de Pantón e O Colado do Vento organizan unha camiñada

Segredos de Pantón e O Colado do Vento organizan unha camiñada

A andaina transcorrerá polas ribeiras do Sil e do Cabe e terá lugar o vindeiro 4 de decembro. A saída será dende a Chaira de Frontón, en Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro domingo 4 de decembro Segredos de Pantón convida a coñecer diversos puntos da parroquia de San Xoán de Frontón. Segundo informan dende a organización “descubriremos A Chaira e A Estación. Logo cruzaremos o río Cabe e desfrutaremos de descubrir a capela da Barca, a propia aldea e as súas lendas”, e tamén “iremos ata Nogueira de Ramuín para coñecer o misterioso e histórico lugar de San Miguel do Canar”.

O punto de encontro será na Chaira (Frontón) ás 10:00 h. sendo esta a localización: https://goo.gl/maps/BVhJeGo4eESSHYT57

Para esta actividade, Segredos de Pantón conta por vez primeira coa colaboración da asociación cultural O Colado do Vento de Sober.

O custe da actividade é de 2 euros por persoa e as inscricións poderán realizarse por correo electrónico segredosdepanton@gmail.com, por teléfono no 662 669 223 (Lucas Vázquez), e tamén por comunicación a través das redes sociais Instagram ou Facebook.

Dende a organización sinalan tamén que aquelas persoas que queiran poden anotarse para ir xantar á parrillada o Regato (Canaval) ao rematar a camiñada.

ÚLTIMAS

Este 18 de agosto desde as 20:30 celébrase no Pavillón Municipal de Chantada o I Torneo de Fútbol Sala Terras do Asma

O Torneo que se disputará este martes, 18 de agosto desde as 20:30h no...

Quiroga mellora o local social cunha axuda do Leader

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destinou 13.400 euros...

Entrega de trofeos do Torneo de Golf Concello de Monforte

O Club Deportivo Río Cabe Golf foi o encargado de organizar este evento, que...

Festas en Santa Cruz de Brosmos e concerto de Carlos Núñez no Pazo de Sober

Os días 22 e 23 de agosto, a parroquia soberina de Santa Cruz de...