HomeMedio ambiente e Patrimonio‘O menos coñecido de Monforte’ da man de Guido Guía

‘O menos coñecido de Monforte’ da man de Guido Guía

Este domingo 20 de novembro o proxecto os paseos guiados #OMenosCoñecido polas cidades e vilas galegas do turismólogo Guido Guía viaxará á capital da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Tras os nove primeiros capítulos en Ferrol (48 participantes), Lugo (47 participantes), A Coruña (132 participantes), Vigo (30 participantes), Pontevedra (30 participantes), Ourense (41 participantes), Tui (26 participantes), Compostela (63 participantes) este novo ciclo de visitas bautizado como #OMenosCoñecido, do guía lucense Guido Guía chegará a Monforte, cidade onde estivo xa este verán co proxecto “Lugo, estrelas no Camiño”.

Nos primeiros paseos realizados, cun promedio aproximado de 50 asistentes por percorrido, Guido contou coa colaboración doutros guías oficiais locais en varias das localidades visitadas, así como a asistencia de persoeiros de renome como o músico Carlos Núñez ou o presidente da Asociación para Defensa do Patrimonio Cultural Galego, Carlos Henrique Fernández Coto.

Guido Guía. Foto: G.A.

No caso de Monforte serán Alba Enríquez e Berta Soto as dúas profesionais, guías oficiais de turismo de Galicia como Guido Guía, que colaborarán na actividade ensinándolle aos visitantes recunchos, lugares, zonas e curiosidades menos coñecidas da cidade monfortina.

As posibles interesadas e interesados deberán inscribirse a través do correo electrónico, guidoguiaturismo@gmail.com, e teñen ata o propio domingo para facelo. O custe por participar é de 10 euros por persoa –menores de 4 anos non pagan– e cun 30% de desconto para menores de 18 anos. O pagamento pode facerse por transferencia no número que se indique na contestación do correo de inscrición, por bizum ou en efectivo ao empezar a actividade.

O paseo comezará ás 11:00 h. e rematará ás 14:00 h. na Estación de Tren monfortina.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...