HomeMedio ambiente e PatrimonioAcodicionamento da ruta do pozo da ola no Incio

Acodicionamento da ruta do pozo da ola no Incio

Medioambiente financia o acondicionamento e sinalización desta ruta dentro do programa de axudas para a preservación de espazos incluídos na Rede Natura.

Publicado o

- Advertisement -

A ruta do Pozo da Ola é un percorrido a carón dos cauces dos ríos Cabe e Antiga, que transcorre por unha zona de alto valor paisaxístico e etnográfico enmarcada na Rede Natura 2000. O itinerario discorre pola parroquia de Trascastro, dende o quilómetro 5 da estrada que une A Cruz do Incio coa Ferreiría, e conta cun percorrido lineal duns 800 metros que remata no río Antiga.

Os traballos que se realizarán supoñen acondicionar o trazado e substituír un pontigo de madeira para permitir o paso en condicións de seguridade. Colocaranse balizas de sinalización ao longo do sendeiro, postes direccionais, dous bancos de pedra, paneis informativos e mesas interpretativas sobre os puntos de interese da contorna, como os muíños de Vila e Sancho.

A Xunta colabora con este proxecto co obxecto de poñer en valor os recursos naturais, paisaxísticos e etnográficos, que son fonte de riqueza social, medioambiental e económica, no marco dun desenvolvemento sustentable. No caso dos territorios da Rede Natura 2000 existe unha liña concreta de axudas dirixidas a preservar, restaurar e mellorar a biodiversidade destes espazos.

Dentro desta liña, teñen cabida iniciativas de creación de rutas e áreas recreativas, e os elementos de información e interpretación, como paneis informativos ou  observatorios, relacionados coa mellora do carácter de utilidade pública das zonas da Rede Natura.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...