HomeMedio ambiente e PatrimonioComezan os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes en...

Comezan os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes en Monforte

As brigadas municipais de Monforte iniciaron este luns, 19 de xuño, os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes. Nesta labor de limpeza contan co apoio da empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A limpeza da lagoa do Parque dos Condes faise cada ano por estas datas, desde que José Tomé Roca chegou ó goberno de Monforte. Este foi un dos seus compromisos para manter en bo estado esta zona da cidade. “A chegada de visitantes, co inicio dos meses de verán e a ubicación privilexiada da Lagoa, no centro da cidade e integrada nun dos parques máis utilizados polos monfortinos e monfortinas, fai máis que necesaria a súa limpeza, que dende o Concello levamos a cabo ano a ano por estas datas”, indica o rexedor municipal.

O primeiro dos pasos para a limpeza da lagoa do Parque dos Condes, consiste no baleirado da auga, que se levará a cabo utilizando unha máquina motobomba para extracción de líquidos. Posteriormente, retirarase cunha máquina paleadora todo o lodo que se foi depositando no fondo da lagoa durante este inverno. Para desenvolver ditos traballos, emprégase unha bomba cuxo aluguer ascende a 300 euros, mentres que o custe dos traballos da empresa contratada ascenden a aproximadamente 5.000 euros.

Complementando os traballos de limpeza da lagoa, operarios municipais procederán tamén a  desbrozar o entorno da mesma, “todo isto para conseguir que esta zona da cidade presente unha imaxe o máis apropiada posible”, indica o mandatario local.

ÚLTIMAS

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...

Torneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Celebrouse unha xornada de confraternidade da familia do C.V. Ribeira Sacra, na que se...

O BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións á estrada LU-651

O BNG asegura que nestes días volveu caer parte desta estrada, e como solución...

Prazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior

Como novidade, esta nova convocatoria inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante...