HomeMedio ambiente e PatrimonioExtinguido un dos dous incendios controlados en Quiroga que xa arrasaron 26,3...

Extinguido un dos dous incendios controlados en Quiroga que xa arrasaron 26,3 hectáreas

A Consellería do Medio Rural confirma que xa está extinguido o incendio forestal de Montefurado, un dos dous que había no municipio lucense de Quiroga, tras queimar 19,8 hectáreas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural confirma que xa está extinguido o incendio forestal de Montefurado, un dos dous que había no municipio lucense de Quiroga, tras queimar 19,8 hectáreas.

Este lume iniciouse pouco antes das 15:30 horas da tarde do martes e ás 12:20 do mediodía deste mércores dábase por apagado, tal e como indica Medio Rural a Europa Press, tras calcinar 19,8 hectáreas.

Este incendio forestal calcinou 19,8 hectáreas, de acordo coas últimas estimacións, e no operativo traballaron tres técnicos, nove axentes, 17 brigadas, 14 motobombas, unha pa, oito avións e seis helicópteros.

Posteriormente, pasadas as 20,00 da tarde, declarábase un incendio na parroquia do Hospital, tamén en Quiroga, que quedaba controlado ás 4,00 da madrugada con 6,5 hectáreas queimadas.

Xerouse con catro focos simultáneos, o que –segundo a Consellería– podería indicar a súa intencionalidade. No operativo traballaron ata o momento un técnico, cinco axentes, 12 brigadas, oito motobombas, unha pa, unha unidade técnica de apoio e medios aéreos –catro avións e tres helicópteros– que tamén participaban no incendio de Montefurado.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...