HomeMedio ambiente e PatrimonioComeza a restauración da entrada e muralla monumental de Penas do Castelo,...

Comeza a restauración da entrada e muralla monumental de Penas do Castelo, na Pobra do Brollón

Na campaña do ano pasado en Penas do Castelo, parroquia de Salcedo, xa se localizou a entrada monumental do xacemento, datado na transición da Idade do Bronce á Idade do Ferro. Na campaña deste ano, o obxectivo é deixar visitables tanto a entrada como o tramo correspondente de muralla.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos traballos previos á restauración, realizados nas últimas semanas, quedou a zona totalmente despexada. Esta pequena intervención confirmou unha entrada externa de 80 cm de van e unha segunda de 2,5 metros, de carácter moito máis monumental. Entre ambos accesos, xérase un espazo intermedio pechado que actuaría como unha especie de trampa, segundo os seus investigadores.  

‘A estrutura ten unha gran lóxica defensiva, mentres o potencial inimigo vese obrigado a pasar case dun en un pola primeira porta, os ocupantes do xacemento poderían saír en tromba dende a segunda e facer unha defensa efectiva,’ comenta Benito Vilas, arqueólogo director da cooperativa Árbore Arqueoloxía e Xestión.

A entrada é acorde coa gran muralla existente, primeiro elemento que chamou a atención do xacemento, debido á súa monumentalidade en relación á súa antigüidade. Na zona da porta consérvanse practicamente os 3 metros de altura e un espesor duns 8 metros, apareceu unha liña de carbóns e pedras rubefactadas que se corresponden coa impronta queimada da antiga porta de madeira. ‘Estes restos son moi interesantes, xa que poderán ser analizados mediante Carbono 14 para datar o probable momento de abandono do xacemento,’ afirma Benito.

A restauración resulta de gran complexidade pola monumentalidade e orografía do propio xacemento. O estado de conservación xeral é bo, tendo en conta a antigüidade e, sobre todo, o feito de estar construído en pedra seca, sen ningún tipo de morteiro.

Arqueoloxía de aldea 

Esta intervención está financiada pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que leva investidos máis de 50.000€ nos últimos tres anos; mais no proxecto comunitario interveñen tamén a Comunidade de Montes e Asociación Veciñal de Salcedo así como o Concello da Pobra do Brollón.

A través desta colaboración, o xacemento está incluído no circuíto de visitas guiadas municipais e se levaron a cabo actividades divulgativas no marco da Semana Cultural de Salcedo. Desde o concello agardan poder seguir traballando no xacemento o ano que vén.

ÚLTIMAS

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...