HomeMedio ambiente e PatrimonioEste 22 de setembro Vilelos, no Saviñao, celebra o Folión das Fachas

Este 22 de setembro Vilelos, no Saviñao, celebra o Folión das Fachas

Vilelos é, xunto a Castelo, en Taboada, e Castro Caldelas, en Ourense, un dos poucos lugares de Galicia onde se conserva esta manifestación cultural, explican desde a organización, na que participan diferentes xeneracións de veciños e veciñas da parroquia e na que destaca o impulso das máis novas, “moi orgullosas” da tradición herdada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A parroquia de San Martiño de Vilelos, no Saviñao, celebra este 22 de setembro, unha nova edición do Folión das Fachas de Vilelos, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos mantén viva unha tradición ligada nas súas orixes á celebración das colleitas e que chegou á actualidade como un anuncio do inicio das festas da parroquia. Coas fachas de agucios prendidas e con acompañamento musical, os veciños e veciñas suben en procesión desde a aldea ata a cima do castro da Besta, onde o ritual de lume e música pode ser albiscado desde as parroquias veciñas.

A noite iniciarase cunha pancetada popular ás 21.00 horas, que reunirá á veciñanza na Besta. O Folión comezará ás 00.00 horas, co prendido das fachas que alumearán a subida e a volta ao castro. A festa continuará cunha actuación de Xerezade.

A deputada, Iria Castro, destacou “a implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición, que xenera un orgullo e un sentido de pertenza moi importante á hora de crear comunidade no rural” e lembrou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo, que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...