HomeMedio ambiente e PatrimonioXornadas de recuperación da memoria da lá, os días 14 e 15...

Xornadas de recuperación da memoria da lá, os días 14 e 15 de outubro en Miraz

‘Dándolle unha volta á lá. Da ovella onde ti queiras’ é unha das actividades que organiza a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel para conmemorar o seu 25 aniversario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza, dentro do conxunto de actividades vencelladas á celebración do seu 25 aniversario, as Xornadas de recuperación da memoria da lá ‘Dándolle unha volta á lá. Da ovella onde ti queiras’.

As xornadas levaranse a cabo na aldea de Miraz os días 14 e 15 de outubro e pretenden poñer en valor a memoria inmaterial do territorio a través da recreación do proceso de transformación da lá. A iniciativa conta co financiamento da área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, que apoia todo o conxunto de actividades desenvolvidas arredor deste 25 aniversario da Asociación.

O encontro, que coincide coa conmemoración do Día da Muller Rural, reúne diversas actividades prácticas, que vinculan a memoria das mulleres a un proceso en vías de extinción e pretenden a súa revalorización. As xornadas congregan varias actividades que permitirán recrear o proceso de transformación da lá de xeito participado.

Obradoiros prácticos

Nas dúas sesións intercálanse unha serie de obradoiros prácticos para coñecer as técnicas de fiado, tinguido e feltrado da lá con outras accións vinculadas á preservación da memoria inmaterial no territorio, como é a visita a un antigo tear na aldea, ou a recreación dun fiadeiro a cargo das propias veciñas da contorna.

Ademais, o domingo 15 de outubro, a xornada terá como peche a presentación do proxecto Cartografías Téxtiles, unha iniciativa promovida por un colectivo de docentes artistas e activistas que pretende dar voz ás comunidades e aos lugares a través de narrativas e técnicas téxtiles coma o bordado.

Esta iniciativa vincularase ao centro educativo do territorio, o CPI Poeta Uxío Novoneyra, que destinará unha xornada lectiva ao intercambio interxeracional entre a veciñanza e alumnado, coa fin de xerar unha posibilidade de transmisión de coñecemento para poñer en valor os saberes vinculados ao patrimonio inmaterial do territorio, permitíndolles abordar de xeito transversal diferentes habilidades para o coñecemento vinculadas ao proceso de transformación da lá.

A inscrición nas xornadas é gratuíta e pode tramitarse a través do teléfono 622834164.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...