HomeMedio ambiente e PatrimonioVIII Foro Xeoparques de España no Xeoparque Montañas do Courel

VIII Foro Xeoparques de España no Xeoparque Montañas do Courel

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na inauguración do VIII Foro Xeoparques de España, que se celebrou na Casa da Cultura de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita enmárcase no programa que anualmente apoia a Deputación de Lugo cunha achega de 25.000€ para levar a cabo actividades e estudos que permitan potenciar o Xeoparque Montañas do Courel. Trátase dun encontro anual no que estes territorios debaten e propoñen iniciativas comúns, centrándose nesta ocasión no sector agroalimentario.

Pablo Rivera estivo no acto inaugural do encontro xunto co Alcalde quirogués, José Luis Rivera Castro, e o presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro González, entre outros representantes do xeoparque, como a Alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro.

Rivera Capón lembrou a total implicación da Deputación para conseguir a declaración do Xeoarque Montañas do Courel porque “estamos convencidos de que favorece o modelo de desenvolvemento do territorio polo que apostamos, sostible e que aproveita os extraordinarios recursos que contamos para favorecer a actividade económica e axudar así a fixar poboación, tanto no eido do sector servizos e no primario, como no turístico, na cultura e na divulgación científica”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...