HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada segue sendo unha Vila en Flor "pola xestión sostible dos seus...

Chantada segue sendo unha Vila en Flor “pola xestión sostible dos seus espazos verdes”

Vilas en Flor 2023 recoñece a aposta de 38 municipios pola mellora da calidade de vida a través da xestión sostible dos seus espazos verdes. Tomiño, Allariz e Chantada renovaron as súas 4 Flores de Honra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de seis anos desde o seu inicio en Galicia, o movemento Vilas en Flor consolídase na como unha referencia en boas prácticas ambientais para os municipios de menos de 40.000 habitantes. A edición deste ano contou con 38 concellos inscritos que ademais do diploma que recibiron instalarán un cartel ou sinal de estrada para remarcar a súa pertenza ao programa.

Vilas en Flor busca o recoñecemento do intenso labor que desenvolven os municipios de menos de 40.000 habitantes todo o ano para poñer en valor o medio ambiente, protexer e mellorar a súa infraestrutura verde, rural e urbana, para contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a súa saúde e promover sinerxías con outras actividades económicas coma o turismo.

Durante o acto de entrega dos galardóns Vilas en Flor 2023, o director do Instituto de Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, recoñeceu o esforzo desenvolvido polos concellos inscritos a prol da mellora do medio ambiente e da calidade de vida dos seus veciños a través de proxectos de axardinamento e ornamentación floral. Nesa liña, subliñou que a Xunta comparte o interese dos concellos pola mellora dos espazos públicos e pola súa xestión sostible a través de iniciativas como a Bandeira Verde ou a liña de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, cuxa convocatoria de 2024 contará cun orzamento de 2M€.

Pola súa banda, Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega, recordou que Vilas en Flor tamén potencia a produción agrícola porque aumenta a demanda dos viveiros, un sector con moito futuro: “Galicia reúne moi boas condicións para o cultivo de plantas ornamentais”.

Os espazos verdes contribúen á consecución de 3 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas (ODS3 – Saúde e Benestar; ODS11 – Cidades e Comunidades Sostibles; e ODS15, Vida de Ecosistemas Terrestres). Na comparativa con outras comunidades autónomas, Galicia é a segunda, despois de Cataluña, con maior número de municipios participantes en relación á ratio de posibles candidatos (306).

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará con 50.000€ a continuidade do matadoiro de Sarria

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará cun achega de 50.000 euros para a...

Máis dun cento de usuarios e sen lista de espera no Servizo de Atención Temperá de Quiroga

Esta semana reuníronse no salón de plenos da Casa do Concello de Quiroga representantes...

En funcionamento a nova iluminación dos aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela

Á nova iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo da Pinguela, destináronse máis...

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...