HomeMedio ambiente e PatrimonioAlumnado do CEIP de Quiroga coñece o proceso de reciclaxe do papel

Alumnado do CEIP de Quiroga coñece o proceso de reciclaxe do papel

A asociación ecoloxista ADEGA amosou ao alumnado de 3º e 4º de primaria o proceso para darlle unha segunda vida aos xornais de papel. Esta actividade foi posible grazas ao programa "Da granxa á escola" que impulsa a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa “Da escola á granxa”, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, permitiu que o estudantado de 3º e 4º de primaria do CEIP de Quiroga coñecese o proceso de reciclaxe do papel. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) achegouse ao centro o pasado 20 de decembro para ensinar o proceso e dar unha segunda vida ao papel dos xornais ou de material de papel que xa non pode ser empregado.

Os pequenos e as pequenas coñeceron primeiro o proceso dun xeito teórico para despois avanzar e crear as súas propias follas e coñeceron todo o proceso de elaboración. A área de Rural permite, coa posta en marcha destes obradoiros de concienciación ambiental, que os máis pequenos tomen conciencia sobre o coidado e o mantemento do medio ambiente, poñendo en valor a reutilización de materiais, coma neste caso.

VALORACIÓNS E AGASALLOS

O deputado de Medio Rural, Daniel García, acompañou ao alumnado e destacou que “Da escola á Granxa é un programa que está tendo unha gran acollida, e só temos que ver que algúns dos nenos que participaron nesta actividade no curso pasado visitaron Caurelor e mesmo recordaban como elaborar produtos como a marmelada. Permite que se achegue, incluso os que viven no rural, ao sector primario desde unha nova perspectiva e coñecendo a importancia que ten na actividade económica, pero tamén na produción de alimentos de calidade e na fixación de poboación”.

Ademais, as nenas e nenos recibiron un exemplar do libro “Os Bolechas. Da Escola á Granxa”, que a área de Rural edita con Bolanda para ampliar a difusión do programa.

COLABORACIÓNS E DESENVOLVEMENTO DE “DA ESCOLA Á GRANXA”

A asociación ecoloxista ADEGA é un dos 29 proxectos de emprendemento rural que participan en “Da escola á granxa”, programa de achegamento das novas xeracións ao agro que impulsa a área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,

Ademais de ADEGA, atópanse no proxecto granxas, pequenas producións agrarias e obradoiros alimentarios das distintas comarcas galegas. No caso destas pequenas empresas produtoras e/ou de transformación, a súa participación no programa faise efectiva con actividades diversas: desde a produción de froita e produtos de horta ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos e marmeladas.

A área de Rural financia as visitas solicitadas polas asociacións de nais e pais que se están a desenvolver neste segundo semestre do 2023. Participaron ata este momento preto de 5.000 alumnos e alumnas de diferentes colexios da provincia. No sur de Lugo contaron con esta actividade os colexios de Triacastela, Oural, O Incio, A Pobra do Brollón, O Páramo, Pantón, Taboada, Bóveda, Monforte, Paradela e Quiroga.

O programa supón un investimento de 80.000 euros na presente anualidade.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...