HomeMedio ambiente e PatrimonioDía do Patrimonio en Sober

Día do Patrimonio en Sober

A UNESCO estableceu o 16 de novembro como Día do Patrimonio, por tal motivo a Rede polo Patrimonio desenvolve accións en diferentes puntos durante os próximos días. O Colado do Vento de Sober súmase á iniciativa organizando unha charla sobre o monte como patrimonio.

Publicado o

- Advertisement -

Por segundo ano a Rede polo Patrimonio (RPC) realizará diferentes actividades para contribuír á visibilización do patrimonio cultural galego e das entidades que o promoven, protexen e poñen en valor. Entre as propostas hai roteiros, xornadas de antropoloxía, medio ambiente e protección do patrimonio; concursos de fichas patrimoniais realizado pola Escola de conservación e restauración de Bens Culturais ou de fotografía pola Asociación cultural e pedagóxica Ponte nas ondas e exposicións de útiles neolíticos. Outras propostas para os vindoiros días son os obradoiros a cargo de O Suído, regueifas organizadas polo Clube da Lingua, presentación de documentais pola Asociación Festa da Prehistoria ou magostos celebrados pola Irmandade Druídica Galaica. Finalmente, celebraránse actos de homenaxe ás Irmandades da Fala ou a presentación dun mapa interactivo de bens patrimoniais contrapondo o mapa do ‘voo americano’ de 1956 e, simultaneamente, ofrecendo a súa vista actual da man de http://patrimoniogalego.net

Toda a información, horarios, lugares e días do resto de actividades pódese consultar na web redepatrimonio.gal

Entre as actividades, O Colado do Vento organiza unha charla baixo o nome “O monte tamén é cultura”. Correrá por conta do axente forestal, Felipe Castro. A cita, este 16 de novembro o venres, ás 19:30 h na Casa da Cultura de Sober.

A Rede do Patrimonio Cultural

A Rede do Patrimonio Cultural botou a andar o día 3 de xuño de 2017 nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego no que se aprobou un documento avalado por 69 asociacións e entidades galegas relacionadas co patrimonio cultural.

A RPC entende o noso patrimonio cultural como un dos principais activos sociais, identitarios e económicos de Galicia e, polo tanto, un recurso estratéxico para a sociedade galega contemporánea que debe ser conservado e transmitido, nas mellores condicións, ás vindeiras xeracións. Por iso, acolle a entidades que teñan por obxectivos a defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...