HomeMedio ambiente e PatrimonioMelloras preventivas ante os incendios en 434 hectáreas do Distrito Forestal IX...

Melloras preventivas ante os incendios en 434 hectáreas do Distrito Forestal IX Lugo-Sarria

Desde Medio Rural aseguran que este tipo de traballos continuarán ao longo de 2024 en distintas parroquias do concello de Lugo, co fin de anticiparse aos incendios forestais e facilitar o traballo do servizo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta vén de rematar traballos de prevención no Distrito Forestal IX Lugo-Sarria. As actuacións consistiron na apertura de devasas, así como na roza da caixa e marxe das pistas forestais localizadas nos concellos de Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol.

Neste sentido, os traballos realizados supuxeron a roza dun total de 434,05 hectáreas, co fin de establecer infraestruturas preventivas máis resilientes fronte a posibles incendios forestais.

Este tipo de actuacións son fundamentais, xa que permite implementar a eficiencia na extinción dos lumes. Así, en caso de incendio, reduciranse de xeito importante os tempos de reacción do persoal e os medios de extinción.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...