InicioMedio ambiente e PatrimonioEstá a poboación de Monforte concienciada coa separación selectiva?

Está a poboación de Monforte concienciada coa separación selectiva?

O alcalde, José Tomé, ofrecía este martes os datos de balance do servizo de recollida de residuos de todo o municipio durante o 2023. Reciclouse máis vidro, papel e cartón, roupa, pilas envases, aceite doméstico, voluminosos, aparatos electrónicos e enseres domésticos que en 2022, e mantéñense cifras similares en canto á recollida de vidro e plásticos agrícolas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As cifras de recollida de residuos en 2023 son mellores que en 2022, polo que dende o Concello agradecen á veciñanza a súa concienciación e colaboración, “están contribuíndo decisivamente a facer do Concello unha cidade máis limpa á vez que contribúen á protección e mellora do medio ambiente”. 

Por colectores e tipo de residuos recollidos, as cifras aportadas dende a Concellería de Medio Ambiente e dende a empresa que xestiona a recollida de residuos, son as seguintes:

-Pilas: A recollida de pilas e baterías, residuo altamente perigoso para o medio ambiente, foi o residuo que máis aumentou, un 1.894% máis que en 2022, pasando das 185 kg. en 2022 a 3.689 kg en 2023, 3.504 kg máis recollidos.

-Recollida de mobles, electrodomésticos e enseres domésticos: O servizo de porta a porta facilitado polo Concello no 901101390;

  • Mobles de madeira: pasouse de recoller 49.875 kg en 2022 a 240.842 kg en 2023, un 383% máis, 190.967 kg máis.
  • Plásticos duros: son aqueles produtos de plástico que non son envases, como poden ser xoguetes, cubos, e todo tipo de obxectos de plástico. Neste caso, o incremento é do 523%, pasando de recollerse 6.360 kg en 2022 a 39.601 kg en 2023, 34 toneladas máis.
  • Electrodomésticos e aparellos eléctricos (RAEES), a subida tamén é moi salientable: 310.169 kg recollidos en 2023, fronte ós 37.983 kg. de 2022, 272.186 kg máis, o que supón un 716% de incremento.
  • Residuos voluminosos: son os residuos que engloban a sofás, somieres, colchóns, etc. Neles, o incremento alcanza o 1.049% máis, pasado de 46.190 kg recollidos en 2022, ós 530.732 kg recollidos en 2023, que son 485 toneladas máis.

-Roupa: a recollida deste tipo de residuos supera significativamente as cifras do pasado ano, con 28,02 toneladas en 2022 fronte ás 46,50 tm en 2023, un 66% máis con 18,48 tm máis. E son cifras que melloran con moito as do ano 2020, no que se recolleron 2,83 toneladas, e no 2021, con 7,75 tm.

-Aceite doméstico: a recollida deste tipo de residuos é mellor en 2023 que en 2022, con 6.088 kg fronte 5.115 kg, un 19% máis, con 973 kg máis recollidos.

-Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… Neste colector aumentou a recollida, alcanzando un 6% con respecto ó ano anterior (2022: 323,56 toneladas, e en 2023: 344,40 toneladas).

-Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. En 2023, recolléronse 199,25 toneladas, en 2022 foron 194,95 tm., é dicir, un 2,2% máis, 4,3 tm máis.

-Contedor verde-Cubo negro: o colector destinado á recollida da chamada “fracción resto” correspondente a residuos urbanos, as cifras son similares nos tres últimos anos, con 6.803,90 en 2021, 6.631,72 tm en 2022 e 6.759,52 tm en 2023.

-Iglú verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Neste colector as cifras son similares ás de 2022, recolléndose ese ano 292,96 tm., e en 2023, 274,96 tm.

-Plásticos Agrícolas: Recollida que organiza o concello entre maio e xuño. Deste xeito, a recollida de plásticos agrícolas foi en 2023 de 9.000 kg, fronte ós 10.000 en 2022 ou os 8.960 kg en 2021.

Táboa resumo da comparativa 2022-2023

 Fracción (en kg)Ano 2022Ano 2023% respecto ó ano anterior
Fracción Resto6.631.7246.759.528+2 %
Papel323.560344.402+6 %
Vidrio292.960274.960-6 %
Envases194.950199.250+2,2 %
Roupa28.02046.505+66 %
Aceite doméstico5.1156.088+19 %
Pilas1853.689+1.894 %
Plásticos agrícolas10.0009.000-10 %
Recollida porta a porta: Residuos voluminososRAEESPlásticos durosMobles de madeira46.190 272.186 6.360 49.875530.732 310.169 39.601 240.842+1.049 % +716 % +523 % +383%
Segundo rexedor local os datos deste balance supoñen “unhas cifras espectaculares que demostran que os monfortinos e as monfortinas están cada vez máis concienciados na separación selectiva do lixo doméstico, xa que as cifras de reciclaxe no ano 2023 melloran con respecto ás acadadas en 2022, mantendo unha evolución moi positiva ó longo destes últimos anos”.

Posta en marcha do Plan de recollida de Residuos orgánicos

Dende o Concello, implantouse en 2023 o Plan de recollida de residuos orgánico do municipio, que abarca a xestión deste residuo no eido rural, a través do reparto de composteiros, na zona periurbana da periferia de Monforte, coa instalación de colectores marróns específicos; nos grandes produtores, que son supermercados, restaurantes, centros educativos e sanitarios, nos que o Concello distribuíu colectores de diferentes tamaños, segundo as súas necesidades;  e a recollida no centro urbano a través do sistema de cubeo, cun cubo marrón específico para este resíduo.

O plan tamén inclúe o reparto de material informativo, accións de buzoneo, de carpas informativas en rúa, de anuncios e cuñas en medios de comunicación, así como o reparto de 2.500 caldeiros de 40 litros, que se están a repartir entre os cidadáns interesados neste Plan.

Un plan que conta cun investimento inicial de 340.000€ e que está financiado polo Concello de Monforte e pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

ÚLTIMAS

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...