HomeMedio ambiente e PatrimonioXornada para iniciar a estratexia de participación veciñal na candidatura Ribeira Sacra...

Xornada para iniciar a estratexia de participación veciñal na candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A xornada ten lugar este sábado, 9 de marzo, na Casa Grande de Rosende, en Sober. Comezará ás 12:00 cunha introdución a cargo de Mario Crecente e Cipriano Marín sobre o estado actual e futuro da candidatura. Posteriormente darase a coñecer a estratexia de participación da man do seu coordinador, Xosé Gago. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 9 de marzo, celebrarse unha xornada para lanzar a estratexia de participación veciñal na candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. Trátase dunha primeira actividade para retomar contacto cos axentes locais e que será seguida dunha serie de actividades nos vindeiros meses.

Ao longo da xornada haberá dúas sesións participativas que terán como obxectivo tanto informar ás persoas e colectivos presentes, como recoller as primeiras opinións e suxestións con respecto á candidatura.  A primeira sesión será de 13:00 a 14:30 horas e a segunda, de 16:00 a 19:00 horas.

A xornada rematará cunha parte máis lúdica e distendida co obxectivo de promover o contacto dos participantes e a creación de lazos. Ás 19:00 haberá unha visita guiada á Casa Grande, un fermoso pazo cuxa historia remóntase a inicios do século XVI. 

Tras a visita, a partir das 19:30h, haberá un concerto a cargo de Lideira, trío de música tradicional con fusión de sons contemporáneos, seguido de foliada. Ofrecerase un caldo popular, para o que se anima aos asistentes a levar a súa propia cunca e culler. 

A xornada está aberta a asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes; axentes culturais, económicos e sociais; así como a veciñas e veciños en xeral do ámbito da Ribeira Sacra que teñan interese en participar no proceso da candidatura. 

A participación é libre, aínda que dende a organización agradecen a inscrición, que se pode realizar vía WhatsApp no teléfono 641957526 ou por correo electrónico no enderezo participaribeirasacra@gmail.com. O evento está organizado no marco da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e conta co apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...