HomeMedio ambiente e PatrimonioO 17 de marzo Taboada recolle lixo co Proxecto Libera

O 17 de marzo Taboada recolle lixo co Proxecto Libera

A Asociación Cultural e Deportiva “O Carballo” organiza, xunto coa Asociación Cultural e Veciñal Vilar-Friamonde-Mourulle, a III xornada de recollida de lixo que se suma á iniciativa ‘Proxecto Libera’ (proyectolibera.org). A cita, ás 10:00h desde Ponte Mourulle (Taboada).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Proxecto Libera busca concienciar sobre a problemática da contaminación en xeral e dos vertedoiros incontrolados en particular. Nesta edición, o punto de partida será a contorna da Ponte Mourulle, unha das paraxes máis senlleiras do municipio de Taboada, contando así coa participación da asociación veciñal das Insuas, que leva varios anos en activo nestas parroquias taboadesas.

Trátase dunha actividade que a Asociación O Carballo pretende consolidar, “logo de que o ano pasado, a modo de anécdota, nos acompañasen a Directora Xeral de Medio Ambiente e o Xerente de Ecoembes, interesados pola posta en marcha desta iniciativa nun concello rural e desde un colectivo”, sinalan.

O obxectivo fundamental é concienciar sobre a contaminación e os problemas de xestión dos residuos que lle afectan ao medio ambiente e á paisaxe, polo que animan a todas as persoas interesadas a participar nesta recollida, o 17 de marzo, ás 10h desde a Ponte Mourulle.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...