HomeMedio ambiente e PatrimonioO Consorcio de Turismo Ribeira Sacra aproba orzamento para 2024

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra aproba orzamento para 2024

Fíxoo nun pleno celebrado este sábado 4 de maio no Concello de Manzaneda. Tamén se aprobaron os pregos de contratación para diversas accións enmarcadas no Plan de Sostibilidade Turística 2020-2025.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O orzamento do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a anualidade 2024 quedou aprobado este sábado 4 de maio, tras o pleno celebrado no Concello de Manzaneda, por un importe de 255.000 euros e cunha incorporación de remanentes de un 1.321.816,71 euros correspondentes fundamentalmente ao primeiro dos Plan de Sostibilidade Turística.

“Quedaría pendente de incorporar o importe do segundo Plan de Sostibilidade (2.000.000 €) que se asinará nas vindeiras semanas e o proxecto MOVES SINGULARES II se finalmente se consigue completar o orzamento para a súa execución”, comentan tamén dende o Consorcio.

CONTRATACIÓN DUN PLAN DE FORMACIÓN, APOIO Á INNOVACIÓN E RECOÑECEMENTO DE ACCIÓNS SOSTIBLES

Tamén se aprobaron os pregos para a contratación, por procedemento aberto, dun Plan de formación e boas prácticas, apoio a proxectos innovadores e recoñecemento de accións turísticas sostibles por importe de 30.000 euros. Esta acción enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2020-2025.

Os servizos a contratar teñen por obxecto identificar as necesidades de formación do xeodestino, asesoramento, deseño de accións formativas e de boas prácticas, promover xornadas de sensibilización, poñer en marcha un plan de formación específico para o xeodestino, ademais de deseñar unha liña de apoio a proxectos innovadores e de confeccionar as bases para unha convocatoria de premios a proxectos turísticos sostibles.

De acordo ao documento técnico do Plan de Sostibilidade Turística, entre os obxectivos para alcanzar coa execución do presente contrato están:

-Proporcionar ao sector as ferramentas necesarias para ofrecer un servizo de calidade e acorde ás medidas de seguridade e hixiene vixentes en cada momento.

-Xerar oportunidades de emprego, que contribúan a atraer e fixar poboación no territorio, garantindo a conservación da paisaxe, así como de usos e tradicións.

-Sensibilizar á poboación local sobre a importancia do Valor Universal Extraordinario de Ribeira Sacra e sobre as oportunidades do turismo sostible para o territorio.

Este servizo comezará por unha diagnose da oferta formativa existente para o sector turístico que permita cubrir áreas que os profesionais consideran necesarias e para as que non exsite oferta. Inclúese tamén unha importante bolsa de horas de titorías para atender necesidades concretas e individualizadas, e contemplarase a premisa de coordinar as dinámicas cos Polos de Emprendemento, GDR, e calquera entidade que promova accións formativas vencelladas ao sector.

SESIÓN PLENARIA EN MANZANEDA

O Presidente do Consorcio, Luis Guitián, propuxo celebrar esta sesión en Manzaneda por dous motivos. Seguir coñecendo os concellos que se integraron hai xa un ano e apoiar e dar visibilidade á Capitalidade Española da Montaña que ostentan durante este 2024 os concellos da Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río e Manzaneda. É a primeira vez que recae este distintivo en Galicia e en catro concellos (antes nomeábase un único concello por ano). Ponse en valor así o compromiso e interese pola preservación ambiental, así como pola loita contra o despoboamento rural con apostas no campo do turismo e actividades ao aire libre.

O Presidente engadía: “Este ano temos outro motivo de celebración moi sinalado para o territorio: no mes de agosto cúmprense 900 anos do escrito fundacional do mosteiro no que se recolle por primeira vez o termo “Rivoira Sacrata”. En coordinación cos Concellos, Deputación Provincial e Xunta de Galicia, promoveremos algunhas actividades con motivo dese aniversario.”

ÚLTIMAS

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€....

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto,...