HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada promociónase en Festur 2024 do 30 de maio ao 2 de...

Chantada promociónase en Festur 2024 do 30 de maio ao 2 de xuño

O Concello de Chantada volverá ter representación no salón mediante un stand no que o tema principal será o Folión de Carros, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2002 e Ben de Interese Cultural desde o 2019. A Ribeira Sacra e o Camiño de Inverno a Santiago serán tamén protagonistas na información turística do Concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada participa un ano máis en Festur 2024, X Feira de Festas de Interese Turístico. Do xoves, 30 de maio ao 2 de xuño, desenvólvese esta cita de promoción turística, no marco da 46 Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e dentro do Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia), que figura xa no calendario nacional como unha cita destacada para todos os axentes clave do sector e que supón un punto de encontro excepcional para mostrar e descubrir o presente e o futuro no ámbito do turismo.

Chantada é peza fundamental no Camiño de Inverno xa que desde aquí fanse os quilómetros necesarios para conseguir a Compostela, ademais o municipio ofrece algúns dos monumentos máis característicos do románico da Ribeira Sacra e paisaxes icónicas da viticultura heroica. O Entroido Ribeirao e a Feira do Viño tamén axudarán a decorar o posto do Concello de Chantada e entregaranse marcapáxinas con motivos do Folión de Carros e do Entroido Ribeirao para que os visitantes poidan levar de recordo.

O xoves 30 e o venres 31 varias empresas locais do sector participarán no espazo destinado a reunións con operadores turísticos nacionais e internacionais para a súa promoción.

Chantada en Festur 2023 / Concello de Chantada

“A participación en Festur é moi importante para a promoción turística do Concello, dános maior visibilidade entre os operadores e consumidores de produtos turísticos. É unha oportunidade inmellorable para divulgar o noso Folión de Carros, as nosas tradicións e todo o noso patrimonio etnográfico, ademais doutros recursos de gran valor que nos converten en visita inescusable na Ribeira Sacra”, asegura Pamela Fernández, Concelleira de Turismo no Concello de Chantada.

Festur 2024 pretende ser un escaparate da gran oferta de festas distinguidas en Galicia polo seu interese, polo que supón unha cita de gran importancia para os concellos con Festas de Interese Turístico de Galicia como é o caso do Folión de Carros de Chantada. Os concellos terán a posibilidade de informar aos visitantes das particularidades das súas festas ao tempo que disporán dun espazo común para realizar as súas demostracións ou degustacións. Sendo unha gran oportunidade para dinamizar o atractivo turístico do municipio.

ÚLTIMAS

Monforte acolle o Campus Internacional Ucraíno de Verán de Ximnasia Rítmica do 24 ó 28 de xuño

O programa de contidos do Campus contará con sesións de aprendizaxe, masterclass internacional e...

“Nin un só día sen médico e unha lei de alta montaña”, pide Courel Vivo ao pleno

O concello do Incio está situado nunha zona de montaña cunhas intensas características orográficas...

O Colectivo Vermut ‘ao rescate’ do San Xoán dos Chaos, en Monforte

Moitas celebracións populares van a menos, e incluso pérdense, por falta de relevo xeracional....

5 piragüistas do Quixós convocados para o Europeo de Suiza

Este xoves, 20 de xullo, a Real Federación Española de Piragüismo deu a coñecer...