HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Chantada incentiva cun Concurso, o embelecemento de fachadas e...

O Concello de Chantada incentiva cun Concurso, o embelecemento de fachadas e balcóns

Poderán participar no concurso as vivendas susceptibles de ser decoradas en todo o termo municipal de Chantada. O prazo para inscribirse está aberto ata o 17 de xuño. No momento da inscrición facilitarase un distintivo, que deberán mostrar nun lugar visible desde a vía pública, mantendo a montaxe decorativa ata o 31 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, convoca o primeiro Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns.

Con este concurso preténdese poñer en valor os beneficios estético-ambientais das fachadas e balcóns como elementos vivos da vila. Incentívase así a participación cidadá na mellora da calidade ambiental e na mellora da relación veciño-entorno urbano.

Desde hai seis anos o Concello de Chantada participa no certame de Vilas en Flor, onde leva acadadas catro flores de honra. “Formamos parte dos concellos que acadan as maiores puntuacións, por iso, con este concurso pretendemos dar un novo pulo para mellorar a imaxe da nosa vila cun enfoque no que participen de primeira man os cidadáns”, destaca o concelleiro de Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Diego Otero.

Os elementos utilizados para a ornamentación déixanse a libre elección, sempre respectando os viais, beirarrúas e entradas a viviendas doutros veciños. A porcentaxe de plantas con flor será como mínimo do 20% e un máximo do 80% dos elementos presentes na decoración. Todo elemento colgado deberá estar debidamente suxeito á estrutura do balcón, sen que a súa ubicación poña en risco a seguridade. Ante calquera accidente sería responsable a persoa inscrita no concurso.

Na primeira semana de xullo de 2024, todas as localizacións participantes deberán estar preparadas para que poidan ser fotografadas. O xurado visitará todas as localizacións participantes durante a última semana de xullo.

A composición do xurado, designado polo Concello, será predominantemente técnica, estando integrado principalmente por persoas especialistas en xardinaría ou embelecemento urbano. Este xurado valorará os seguientes criterios:

  • Orixinalidade e creatividade da composición: Valoración de 0-5
  • Laboriosidade: Valoración de 0-5
  • Uso de materiais reutilizados e ornamentación non floral: Valoración de 0-5
  • Naturalidade (Variedade das plantas utilizadas): Valoración de 0-5
  • Colorido: Valoración de 0-10
  • Perdurabilidade: Valoración de 0-10
  • Calidade ornamental (harmonía e deseño): Valoración de 0-10

Para este concurso de mellora ornamental da vila de Chantada repártense 1050,00€ en premios, distribuídos do seguinte modo:

  • 1º premio: 350,00 €
  • 2º premio: 250,00 €
  • 3º premio: 200,00 €
  • 4º premio:150,00 €
  • 5º premio:100,00 €

ÚLTIMAS

Pantón, O Saviñao e Sober comezan a IX edición do seu Obradoiro de Emprego

O Obradoiro imparte a formación de 'Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes'...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’,...

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...