HomeMedio ambiente e PatrimonioVasoira de Platino para Monforte pola implantación do Plan de xestión da...

Vasoira de Platino para Monforte pola implantación do Plan de xestión da materia orgánica

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recollía esta semana en Madrid o premio Vasoira de Platino 2024, outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente (ATEGRUS) no marco da Feira TECMA, Feria Internacional de Urbanismo y Medio Ambiente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cidade de Monforte de Lemos recibiu un galardón que se lle concede ás cidades que apoian, premian e difunden o bo saber facer da xestión dos residuos e da limpeza urbana, así como pola elaboración de proxectos e polo desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostible do medio ambiente.

O Alcalde salienta que “este galardón supón a culminación do traballo ben feito cando no ano 2023 iniciamos o programa de implantación da recollida de lixo orgánico no Concello de Monforte, sendo un dos primeiros concellos da provincia de Lugo en facelo”.

Este premio foi outorgado ó Concello monfortino, tal e como indicaron os responsables de ATEGRUS “polo seu plan de xestión de materia orgánica adaptado ás necesidades dos cidadáns. No ámbito urbano mediante sistema de cubeo, porta a porta, no periurbano a través de contedores con peche de chave e na zona rural entregando composteiros individuais para que, unha vez formados, produzan o seu propio compost.”

Monforte xa recibiu previamente a Vasoira de prata, a Vasoira de Ouro, e en 2022, a Vasoira de Platino, a cal volveu a acadar neste ano 2024. Por outra banda, o Concello monfortino conta, durante a celebración de TECMA, cun stand propio dende o que se da a coñecer ós visitantes as actividades que en materia medioambiental desenvolve o concello de Monforte, en especial na recollida da materia orgánica.

Recollida de manteria orgánica en monforte

Na consecución da que é unha nova Vasoira de Platino para o Concello de Monforte, teñen moito que ver os actuais datos de recollida de materia orgánica que está acadando o Concello. Neste senso, José Tomé indicou que “estamos levando á planta de San Cibrao das Viñas de media 25.000 quilos ó mes, e tendo en conta que non hai servizo de recollida os domingos, son 1.000 quilos diarios de media”.

O Alcalde salientou igualmente que “somos a cidade que máis recolle, dado que nestes momentos se recolle o mesmo volume de materia orgánica en Monforte como  no resto da provincia de Lugo e Ourense xuntas”.

“Este premio e estes excepcionais datos no que se refire á recollida de residuos orgánicos”, subliñou José Tomé, “hai que agradecerllos os nosos veciños e veciñas, xa que grazas á súa colaboración podemos dicir que somos unha das cidades que máis está recollendo de xeito selectivo a materia orgánica”.

Durante ano 2023, o Equipo de Goberno foi desenvolvendo o Plan de Xestión da materia orgánica do Concello de Monforte, para o que destinou arredor de medio millón de euros. O Plan contou con dúas liñas de actuación, unha que achega unha solución para a zona urbana e outra, que contempla un servizo para todas as vivendas que contan con parcelas e hortas, tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do Concello.

A fin de comprobar si os residuos depositados no contedor marrón son os axeitados, levaranse a cabo, ó longo do ano 2024, en 50 puntos, 52 caracterizacións en cada un deles, é dicir 52 análises dos residuos depositados, é dicir, un total de 2.600 análises ó longo do ano, para ver a evolución da implantación deste contedor marrón.

O Alcalde recordou que neste colector poden depositarse restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusións, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza, etc.

E que non pode depositarse, comida envasada, cueiros, compresas, bastonciños de algodón, cabichas e paquetes de tabaco, cápsulas de café, roupa, papel de aluminio, plásticos e envases, cabelos, etc.

ÚLTIMAS

A Asoc. Rechouchíos de Taboada creará un fondo de traxe tradicional galego

O Presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio...

Do 5 ao 10 de agosto Monforte celebra a XXIV edición de Artelemos

O Concello de Monforte vén de presentar o cartel anunciador e o programa da...

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...