HomesociedadeMonforte inicia este luns nova campaña informativa sobre a reciclaxe da materia...

Monforte inicia este luns nova campaña informativa sobre a reciclaxe da materia orgánica

Baixo o lema RecicLemos de xeito sostible, o obxectivo destas carpas informativas é dar a coñecer ós veciños e veciñas da cidade as claves dunha axeitada reciclaxe da materia orgánica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Colocaranse carpas en diferentes puntos da cidade, sobre o “Plan de Xestión da materia orgánica” que Concello de Monforte puxo en marcha no pasado ano 2023, a través do colector marrón, que o Concello implantou progresivamente no eido rural, na zona periurbana da cidade, en grandes produtores, e mediante o sistema de cubeo, no eido urbano de Monforte.

“Coa posta en marcha desta nova campaña informativa”, resalta o Alcalde, José Tomé Roca, “dirixímonos a toda a cidadanía pero especialmente a todas aquelas persoas que nos visitan durante o período estival, que teñen vivenda no Concello pero que non viven habitualmente aquí e que veñen a pasar as súas vacacións a Monforte, para que coñezan este novo servizo e poidan utilizalo.”

Esta nova campaña informativa posta en marcha polo Concello arredor dos residuos orgánicos, iniciarase este luns 22 de xullo, coa ubicación da primeira das carpas na rúa Cardeal.  E terá continuidade en diferentes zonas da cidade, concretamente o luns 29 de xullo na rúa Doutor Casares con rúa San Pedro, o xoves 1 de agosto no aparcadoiro da área comercial da rúa Chantada e o luns 5 de agosto no cruce da rúa Florida con rúa Calvo Sotelo. O horario destas 4 accións informativas de rúa será de 10:30 a 13:30 h.

O Concello recibiu o premio Vasoira de Platino, o pasado 19 de xuño en Madrid, pola implantación deste Plan de xestión da materia orgánica, “sendo un dos primeiros concellos da provincia de Lugo en facelo, e o que máis recolle actualmente”. O premio foi outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente (ATEGRUS)  no marco da Feira TECMA, Feria Internacional de Urbanismo y Medio Ambiente, que se celebrou en IFEMA do 14 ó 16 de xuño.

Na consecución da que é unha nova Vasoira de Platino para o Concello de Monforte, teñen moito que ver os actuais datos de recollida de materia orgánica que está acadando o Concello. Neste senso, o Concello está levando á planta de San Cibrao das Viñas de media 25.000 quilos ó mes, e tendo en conta que non hai servizo de recollida os domingos, son 1.000 quilos diarios de media os que os monfortinos e monfortinas depositan nos colectores que dende o Concello se habilitan especificamente para elo.

Que depositar no colector Marrón?

A campaña incide nos restos que si se poden depositar no colector marrón, tales como restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusión, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza…

E tamén salienta aqueles restos que non son idóneos para tal fin: restos de comida envasada, cueiros, compresas, bastonciños de algodón, cabichas e paquetes de tabaco, cápsulas de café, téxtil, papel de aluminio, plásticos e envases, lixo, cabelos…

O Concello de Monforte continúa así a informar sobre o seu Plan de Xestión da Materia Orgánica de Monforte, posto en marcha en 2023.

Este Plan de Xestión da materia orgánica está financiado polo Concello de Monforte e pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...