HomesociedadeDéixate guiar pola Pobra do Brollón este verán

Déixate guiar pola Pobra do Brollón este verán

Este martes comeza o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón. Baixo o lema ‘Déixate Guiar’, ofértanse dende o 23 de xullo ata o 31 de agosto cinco visitas para coñecer o patrimonio natural, cultural e arqueolóxico do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas vinculadas á arqueoloxía son o Castro de San Lourenzo de Cereixa, Penas do Castelo en Salcedo, e mais Entre Pataos e Os Conventos, na ribeira de Vilachá de Salvadur. Estas visitas divulgan as pescudas realizadas no marco dos seus respectivos proxectos de arqueoloxía en comunidade, incorporando datos e historias recollidos dos veciños.

A visita ‘Entre Pataos e Os Conventos’ compleméntase moi ben coa das adegas medievais de Vilachá, onde os visitantes poden coñecer o lugar e catar algún dos viños locais, incluídas na D.O. Ribeira Sacra.

Por último, a visita a Cova das Choias en Óutara permite coñecer o musgo luminescente, as colonias de morcegos e máis os seres mitolóxicos que habitan o lugar. Trátase dunha visita de acceso limitado para protexer a flora e fauna da cova, polo que se permite un máximo de dez persoas por visita e unicamente dúas visitas á semana (martes e xoves).

O resto de visitas son baixo demanda de martes a sábado. Son gratuítas excepto a visita ás adegas de Vilachá que ten un custe de 3 euros para a cata de viño

A reserva é obrigatoria para todas as visitas no teléfono 622952078, preferentemente por WhatsApp. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar nese teléfono ou consultar a páxina web do Concello da Pobra do Brollón (www.concellodapobradobrollon.gal).

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...