HomeMedio ambiente e PatrimonioSexta fase de escavación no xacemento arqueoloxico de Proendos

Sexta fase de escavación no xacemento arqueoloxico de Proendos

A Xunta de Galicia acaba de iniciar unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos, en Sober, onde a finais do pasado ano se consolidou o primeiro hórreo romano con disposición dos muros en paralelo que se coñece no noroeste da Península Ibérica. Os traballos contan cun investimento de 17.800 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta nova fase, os profesionais da empresa Tempos Arqueólogos SL centraranse durante dez días na escavación dunha área duns 50-60 m2 preto do horreum, para poder exhumar os posibles restos da vila romana detectada na prospección xeofísica realizada no ano 2023.  

A prospección con xeorradar cubriu unha superficie aproximada de 15.000 m2 ao redor do horreum e tivo resultados moi positivos ao localizarse na maioría das zonas prospectadas restos arqueolóxicos, destacando unha gran estrutura rectangular con estancias asociadas a un patio, que podería tratarse dun perístilo ou espazo residencial dunha vila romana (complexo agrario desde onde se administrarían as terras da contorna e se almacenaría a produción do campo).  

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu preto de 130.000 € no xacemento romano de Proendos desde o ano 2020, a través de 6 campañas arqueolóxicas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...