HomeMedio ambiente e PatrimonioNatureza e gastronomía, principais atractivos turísticos de Galicia

Natureza e gastronomía, principais atractivos turísticos de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, reuniuse. co presidente da Confraría de Amigos do Viño da Ribeira Sacra, Manuel Rajo, para afondar nas vías de colaboración da Administración autonómica coas sociedades gastronómicas e enófilas. Tamén participaron do encontro Carlos Guardado, directivo da FECOGA (Federación de Confrarías Gastronómicas), e Ana Cobas, de Gastrónomos del Yumay, en Avilés.

Publicado o

- Advertisement -

Cofradía Amigos do Viño da Ribeira Sacra constituiuse como Asociación Cultural, e como tal creouse o 29 de decembro do 2008, tendo como Presidente a Manual Rajo; Vicepresidente, Felipe Mariño e Salvador Pagazaurtundua como Secretario. Este colectivo ten como finalidade promover o desenvolvemento económico e sociocultural da Ribeira Sacra, desenvolver actividades que difundan os viños da Ribeira Sacra e a súa cultura, facilitar a promoción e formación das persoas que teñan interese no mundo do viño, proporcionar espazos de encontro que estimulen a creatividade en torno ao viño, promover a interculturalidade e os intercambios con outros países, xerar alternativas educativas de lecer e tempo libre, informar á sociedade en xeral sobre as distintas vertentes do mundo do viño, protexer a contorna natural e os recursos patrimoniales e culturais relacionados co mundo do viño.

Visita Centro do Viño da Ribeira Sacra / Delegación Territorial

Balseiro indicou á confraría que pode contar co asesoramento que precise por parte dos servizos técnicos de Turismo de Galicia e da Consellería do Medio Rural para desenvolver as súas actividades. Segundo o delegado da Xunta, este tipo de asociacións desenvolven un importante traballo na conservación da cultura e a tradición gastronómica e subliñou o enorme potencial confraternizador da gastronomía.

Nos próximos meses presentarase o Plan de Enogastronomía que está elaborarando Turismo de Galicia. Segundo Balseiro, desde o punto de vista do turismo, a gastronomía gaña peso como un dos principais motivos polos que viaxan os cidadáns. No caso de Galicia, a gastronomía é a segunda razón pola que os turistas deciden visitar a Comunidade, só superada pola natureza, como se pon de manifesto na Estratexia do turismo de Galicia 2020.

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...