HomeMedio ambiente e PatrimonioRecuperación da memoria da la no Courel

Recuperación da memoria da la no Courel

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza, por segundo ano consecutivo, as Xornadas de recuperación da memoria da la ‘Dándolle unha volta á la. Da ovella onde ti queiras’. Serán o vindeiro 19 de outubro na aldea de Miraz.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas, coordinadas pola cooperativa Outonía S.Coop, levaranse a cabo na aldea de Miraz o día 19 de outubro e pretenden poñer en valor a memoria inmaterial do territorio a través da recreación do proceso de transformación da la. A iniciativa conta co financiamento da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Segundo explican dende a organización, “o encontro, que tivo moi boa acollida na súa primeira edición, pretende consolidarse como un espazo de intercambio de saberes e prácticas, vinculando a memoria das mulleres a un proceso en vías de extinción e pretendendo a súa revalorización. Ademais, as xornadas tamén contan cunha perspectiva innovador por convidar a distintos proxectos profesionais que tratan de reinventar esta praxe dende a contemporaneidade”.

As xornadas son de balde e aquelas persoas interesadas en participar teñen que inscribirse a través do número de teléfono 622834250 ou enviando un correo electrónico a info@outoniacoop.gal

O PROGRAMA DAS XORNADAS

Ao longo do día intercalaranse diferentes tipos de actividades.

Pola mañá, despois da presentación ás 10:30 h., haberá un faladoiro coas veciñas tecelás da Serra e un fiadeiro para a recreación do proceso e das técnicas empregadas no territorio, así como a mostra de diversos útiles e creacións feitas por elas. Esta sesión alongarase ata as 13:30 h. cando está prevista unha pausa para o xantar ata as 16:00 h.

Pola tarde, das 16:00 ás 20:00 h. farase un laboratorio de experimentación da man de diferentes proxectos como Miratú e Cuaderna Maestra no que se probarán técnicas como o fiado con roca e o tecido con tear de man.

Verónica Page, de Miratú, busca co seu obradoiro de procesado de la, e segundo explican dende a asociación organizadora, “o contacto coa natureza a través da la virxe de ovella e de alpaca, procesándoa ata o seu fiado na roca. Trátase de recuperar os ritmos tranquilos e de transformar coas nosas mans las de texturas ecores variados”. Pola súa banda, María José Lois, de Cuaderna Maestra, ofrece un obradoiro de de tear con teares de alto lizo. Nesta actividade realizarase un tapiz empregando técnicas tradicionais e materiais naturais.

As xornadas sobre a memoria da la no 2023. Foto: Asoc. de Desenvolvemento Rural Serra do Courel.

Así mesmo, haberá espazo para unha creación colectiva a través da participación no proxecto Cartografías téxtiles.

Dende a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel, organizadora deste encontro, comentan tamén que esta iniciativa “pretende á súa vez por no centro do debate o rol dos modelos de producción e consumo rurais e a necesidade de desenvolver novas formas de cooperación territorial a través de accións cunha visión cultural, ambiental e sustentable”.

ÚLTIMAS

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo...