HomeMedio ambiente e PatrimonioXornada de concienciación ambiental e limpeza do río Cabe en Monforte

Xornada de concienciación ambiental e limpeza do río Cabe en Monforte

A acción, que tivo lugar o 19 de outubro, estivo impulsada pola Plataforma Mares Circulares en colaboración coa Federación Galega de Piragüísmo. En Monforte contaron coa participación do Club Quixós.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Este sábado 19 de outubro organizouse en Monforte, concretamente nas instalacións do Club Quixós e na contorna do Cabe, unha xornada matinal de concienciación co coidado do medio ambiente, a sostibilidade e a limpeza de contornas acuáticas. A promotora desta acción foi Mares Circulares, unha plataforma creada por Coca-Cola en España e Portugal que impulsa actividades para fomentar os valores devanditos.

En Galicia, esta xornada de concienciación e limpeza de ríos contou coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo e nela participaron os seguintes clubs: Sociedade Deportiva As Xubias, Club Piragüismo Cambados, Piragüismo Rianxo, Illas Atlálticas, Club Náutico Castrelo de Miño e Club Quixós de Monforte.

Recollida de residuos en Cambados. Foto: Fed. Galega de Piragüismo.
PARTICIPACIÓN DO CLUB QUIXÓS

En Monforte, a limpeza do río Cabe e a súa contorna tivo como protagonista ao Club de Piragüismo Quixós, participando nos traballos un nutrido grupo de piragüistas xunto con algúns familiares.

Sobre as 10:30 h. da mañá comezaba, onde as instalacións do club, unha reunión previa cos monitores da plataforma Mares Circulares na que houbo unha charla divulgativa, de concienciación e de planificación dos traballos de limpeza. Ademais de material como luvas, paus con pinzas, bolsas, etc, tamén ofreceron bocatas, bebidas e unhas gorras de agasallo para os e as participantes.

Charla previa dos monitores de Mares Circulares. Foto: Antonio Cortiñas.

A continuación, os traballos de limpeza desenvolvéronse no propio río e as súas beiras, coa recollida de residuos dende as piragüas dos/as voluntarios/as; e nas contornas, coa recollida realizada polos monitores de Mares Circulares e familiares dos deportistas do club.

Ao remate, cara as 13:30 h., reuníronse todos os residuos recuperados sumando enriba de 90 quilos de lixo. Entre todo o recollido, –sobre todo plásticos, toalliñas, latas, e vidros– había obxectos voluminosos como cadeiras e bloques de cemento.

Santi Díaz, director deportivo do Quixós, cunha cadeira de plástico. Foto: A. Cortiñas.
Cadeira na contorna do río e preto da Ruta Fluvial do Cabe. Foto. A. Cortiñas.
Dous voluntarios do Quixós portando 2 bloques de cemento recuperados do río Cabe. Foto: Antonio Cortiñas.
MARES CIRCULARES

Trátase dunha iniciativa da marca Coca-Cola impulsada para combater os graves problemas medioambientais que acontecen nos mares e costas de todo o mundo.

Púxose en marcha no ano 2018, en España e Portugal, cun programa centrado na sostibilidade ambiental e co obxectivo de limpar as costas e os fondos mariños, sensibilizar á cidadanía e fomentar a economía circular. Tamén traballa apoiando solucións e tecnoloxías innovadoras para rematar co lixo que contamina os nosos recursos acuáticos.

Entre as accións que impulsan están a limpeza de praias e outras contornas acuáticas como ríos e encoros.

Recollendo plásicos dende as piraguas. Foto: A. Cortiñas.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...