HomeMedio ambiente e PatrimonioPatrimonio cultural confirma desperfectos no Castro de Chavaga por actuacións sen autorización

Patrimonio cultural confirma desperfectos no Castro de Chavaga por actuacións sen autorización

Dos desperfectos que se estaban producindo neste espazo patrimonial do concello de Monforte alertaron os veciños e as deputadas Lidia Senra e Paula Verao denunciaron a situación ante o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

En agosto deste ano a eurodeputada Lidia Senra e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Verao denunciaban a situación na que se atopaba o Castro de Chavaga, no concello de Monforte. Despois dos lumes do 2017 executáronse na zona talas e retirouse madeira queimada. Estes traballos fixéronse con maquinaria pesada non respectando os camiños existentes nin os muros perimetrais que existen nas cotas do monte o que provocou desperfectos no castro e nos muros de pedra. Esta era a denuncia que acaba de confirmar o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta en Lugo.

En escrito remitido por Ana Carril Cuesta, Xefa de Servizo a Lidia Senra, recóllese que efectivamente se comprobou que houbo actuacións que afectan á area de protección integral e ao contorno de protección do castro da Coroa ou castro de Cabo  en Chavaga. Engade ademais que estas labores non contan coa necesaria autorización da Consellería de Cultura. Tamén informa de que remitiu á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, unha copia do expediente de denuncia, para se “consideran procedente iniciar os trámites para a incoación dun expediente sancionador aos presuntos responsables destes feitos”.

Castro de Chavaga / Lidia Senra

O Monte Castro conta cun xacemento catalogado (Castro da Coroa ou de Cabo), coa referencia GA27031013, adscrito á Idade do Ferro e reocupado na época sueva, e conformado por dúas plataformas circundadas por cadanseu terraplén. Ante a gravidade da situación denunciada e recoñecida, e tendo en conta que este 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, Lidia Senra pide unha solución efectiva para protexer este xacemento exixe que o expediente sancionador se abra canto antes.

Segundo a europarlamentaria é gravísimo que alguén seguindo os intereses da industria da madeira producira estes estragos, ignorando a Lei 5/2016 do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Reclama que todas as Administracións velen pola conservación do  patrimonio cultural e natural e que rematen este Ano Europeo do Patrimonio Cultural  cun cambio efectivo nas políticas que non permitan nunca que os intereses da industria madeireira estean por riba patrimonio.

Castro de Chavaga / Llidia Senra

Ademais desta reclamación en favor do patrimonio, Lidia Senra e Paula Vázquez traballan para que non se planten eucaliptos neste distrito forestal. Explican que a Orde de 19 de Maio de 2014 de modelos silvícolas ou de xestión forestal, recolle que o eucalipto queda excluído do Distrito forestal VIII, Terra de Lemos. Na actualidade Senra e Verao impulsan a constitución dunha plataforma para defender os Distritos VII, VIII e IX da plantación de eucaliptos.

Segundo Paula Verao “Se apostamos polo Patrimonio en sentido amplo, hai que apostar por modelos produtivos que conserven a paisaxe tradicional e evitar a desorde territorial que impera na Galiza, buscando modelos agrarios sostibles, que fixen poboación no rural con empregos de calidade”.

ÚLTIMAS

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...