HomeMedio ambiente e PatrimonioXornadas sobre a importancia das actividades agro-gandeiras fronte aos incendios

Xornadas sobre a importancia das actividades agro-gandeiras fronte aos incendios

Realizaranse os días 16 e 17 de novembro no Concello de Quiroga e están organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga acollerá esta fin de semana unhas interesantes xornadas que poñerán no foco a relevancia das actividades agro-gandeiras para combater os lumes. Están organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes e contan coa colaboración da Área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do Concello de Quiroga, da Asociación de desenvolvemento rural Serra do Caurel, e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O sábado 16 terán lugar as charlas e coloquios na Casa da Cultura de Quiroga dende as 9:30 h. ata as 18:00 h. e cun descanso para xantar de 14:15 a 16:00 h. E o domingo 17 a actividade centrarase nunha visita ao Museo Xeolóxico e a un monte comunal para coñecer a actividade gandeira de Mario Nogueira, coñecido principalmente polo coidado de cachenas.

SÁBADO 16 DE NOVEMBRO

9:30 h. Recepción de participantes na Casa da Cultura de Quiroga.

10:00 h. Apertura da reunión coas seguintes autoridades: José Luis Rivera, Alcalde de Quiroga; Olga Iglesias, Xefa Territorial da Consellería de Medio Rural; Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo; e Isabelle Gómez, Presidenta da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.

10:30 h. Táboa redonda. A xestión integrada dos montes comunais e privados de Moreira de Donís (Cervantes), Lucía González (Coop. A Carqueixa) e Antonio Delpueblo (Gandeiro en Moreira).

10:50 h. O gandeiro Arnaldo Rouceiro, da Serra da Peneda (Portugal) falará do proxecto Biocachena Roucas.

11:10 h. O Valor das razas autóctonas no sector cárnico de alta calidade (Galicia e Portugal). A cargo de Mario Nogueira, comercial e divulgador de Okelán.

11:30 h. Pausa para o café.

12:00 h. De Vigo a Montederramo. Regreso ás orixes na gandería “Casa Laza”. Experiencia de Elias Gómez.

12:20 h. O meu proceso de incorporación ao mundo rural en Neipín (A Pontenova). Caso de Uxía Salvatierra, unha estudante de Agronomía.

12:40 h. Renovar con fogo: o fogo prescrito na xestión do territorio. Henrique Godinho (LIFE Maronesa e NODFYR Portugal).

13:10 h. Experiencias de control da matogueira con cabras (Marco da Curra). A cargo de Santiago Crecente, investigador do CIAM-AGACAL).

13:30 h. Coloquio sobre os temas tratados ata as 14:15 h. con descanso para xantar.

16:00 h. Conservar o que herdamos, mellor diversificar as actividades no rural. Relator, Brais Vázquez, estudante de Agronomía.

16:20 h. Os camiños dos sabores. A cargo de Marcos Reinoso, da Asoc. de Desenvolvemento Rural Serra do Courel (Paderne).

16:40 h. Coloquio sobre os temas anteriores.

17:00 h. Mesa redonda sobre experiencias de regreso á montaña e 18:00 h. Clausura da xornada.

DOMINGO 17 NOVEMBRO

10:30 h. Visita ao Museo Xeolóxico de Quiroga.

11:30 h. Visita ao Monte Comunal de Fiais para ver o rabaño de vacas cachenas de Mario Nogueira.

14:00 h. Fin da visita e xantar para fomentar intercambio e partillar impresións.

Gayoso, Cristina, Mario, Dionisio Martín e os bois Bonito e Boneco. Fonte: Mario Nogueira

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...