HomeMedio ambiente e PatrimonioA técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

A Xunta de Galicia inclúe a técnica do esgrafiado galego no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia, unha das medidas de salvagarda postas en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para garantir o legado deste tipo de manifestación do patrimonio cultural inmaterial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que se emprega para a execución das decoracións sobre os morteiros de cal, queda recollida nesta recompilación patrimonial para a súa posta en valor e protección. Esta práctica de ornamentación cobra importancia dado a que se atopa en todo o territorio de Galicia, tendo maior presenza no sur e no leste da Comunidade, especialmente entre as provincias de Lugo e Ourense.

O esgrafiado ou esgrafito, ademais da súa complexidade como manifestación, pasa a formar parte deste Censo polo código de comunicación que presenta e que revela valores estéticos e sociais que forman parte da tradición e identidade galegas, estreitamente vinculados coa paisaxe e co medio no que se atopan. 

Así, este tipo de revestimentos responden a diversas funcións como, a arquitectónica para reforzar muros e evitar humidades, a decorativa seguindo a moda do seu tempo; a simbólica, como protección en determinadas formas como cruces e símbolos astrais; de comunicación, para convidar ao camiñante no caso de xerras e vasos, ou a hixiénica, polas propiedades do cal.

Deste xeito, a Dirección de Patrimonio Cultural insire este tipo de manifestacións na listaxe que recolle os bens materiais e inmateriais dos que xa se suman máis dun cento polo seu valor histórico, arquitectónico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico, documental ou bibliográfico.

ÚLTIMAS

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...