HomeMedio ambiente e PatrimonioVisita guiada ao xacemento medieval do Preguntoiro este domingo día 8

Visita guiada ao xacemento medieval do Preguntoiro este domingo día 8

A Xunta de Galicia organiza para este domingo, día 8, unha visita guiada ao xacemento medieval do Preguntoiro, en Pantón, como remate da cuarta campaña arqueolóxica que se veu desenvolvendo nos últimos meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A participación nesta actividade é totalmente gratuíta e non precisa inscrición previa. As persoas interesadas reuniranse ás 11.30 horas da mañá no lavadoiro de Cibrisqueiros.

    Os arqueólogos encargados das escavacións explicarán aspectos sobre a súa orixe e evolución e darán a coñecer o resultado dos últimos traballos, que permitiron descubrir novos enterramentos e consolidar as ruínas da antiga capela de San Xoán Degolado.

    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude leva investidos neste xacemento preto de 80.000 euros desde o ano 2021. Os elementos histórico-arqueolóxicos apuntan á súa vinculación coas orixes cristiáns e a fundación dos primeiros mosteiros na Ribeira Sacra na alta Idade Media. En concreto, considérase un eremitorio que daría orixe ao mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, do que dista apenas un quilómetro.

    A intervención persegue favorecer a conservación deste ben patrimonial e a súa revalorización como recurso turístico e cultural no marco da paisaxe da Ribeira Sacra, mellorando a súa visibilidade, accesibilidade e comprensión.

    ÚLTIMAS

    CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

    A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

    2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

    En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

    Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

    Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

    Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

    A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...