HomeMedio ambiente e Patrimonio42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

A Xunta achega 42.350 euros ao Concello do Incio para adquirir un vehículo pick-up destinado a realizar traballos de protección do medio ambiente e dos espazos naturais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo equipamento xunto co alcalde do Incio, Héctor Corujo, entre outras persoas. A colaboración é froito dun convenio entre a entidade local e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O vehículo será empregado pola brigada ambiental municipal nos seus labores de inspección e control dos espazos naturais e recreativos, tarefas de prevención de incendios, atención ás emerxencias, eliminación de posibles vertedoiros incontrolados ou mantemento e acondicionamento de camiños públicos de acceso a núcleos de poboación e fincas.

Trátase dun todoterreo con caixa traseira que pode ser cuberta ou descuberta segundo as necesidades de carga, tracción 4×4 e gancho de remolque, entre outras características. Arias enmarcou esta acción “na cooperación permanente da Xunta cos concellos para levar os servizos á cidadanía alí onde se precisan”.

Vehículo pick-up O Incio / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28...