HomeMedio ambiente e PatrimonioCoureleando organiza unha ruta para coñecer as minas de antimonio de Vilarbacú

Coureleando organiza unha ruta para coñecer as minas de antimonio de Vilarbacú

Será este sábado 22 de febreiro e ascenderase ata os 1.500 metros podendo incluso albiscar dende o alto as montañas de Trevinca e as Médulas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Ruta das Minas de Vilarbacú”, así presenta Coureleando unha ruta que organiza para este sábado 22 de febreiro e que terá como guía ao Técnico deportivo e de Media Montaña, Guillermo Díaz Aira.

O punto de quedada será no Mesón Ferreiriño de Quiroga ás 9:30 h. e como material obrigatorio recoméndase o seguinte: botas de monte ou calzado de trail, bastóns, mochila pequena con algo de auga e de comer. Tamén roupa deportiva cómoda por capas. Para apuntarse facelo no teléfono 626 643 021 e o custe será de 15 € por persoa (pequenos/as de 10 a 15 anos que vaian cos pais, de balde).

A RUTA

Partirase da vella explotación da Mina de Vilarbacú e ascenderase ata a altura de 1.500 metros pasando preto das bocaminas e das ruínas dos edificios. No alto albiscarase o territorio do Xeoparque e montañas como Trevinca, Aquilianos, Ancares e, se o día o permite, incluso as Médulas. Chegando ao cordal principal, opcionalmente poderase subir ata o Pía Paxaro ou descender a través dunha paisaxe glaciar ata o comezo da ruta.

A ruta é circular, duns 9 quilómetros e de dificultade moderada camiñando por pistas e sendeiros amplos. O tempo máximo que se estima, con paradas, é de 5 horas.

Minas de Vilarbacú. Foto: Guillermo Díaz.
AS MINAS DE VILARBACÚ

Estas minas foron de antimonio, sendo explotadas entre finais do século XIX (1896) e mediados do século XX (1958). O seu auxe produtivo foi durante as 2 guerras mundiais. Chegou a ter ata 86 traballadores e producir máis de 250 toneladas de material on picos de 400 na primeira Guerra Mundial. Tempo despois convertiuse nun campo de traballos forzados onde os presos abriron estradas e plantaron piñeiros ata o seu peche definitivo. Actualmente, toda a explotación está en ruínas.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...