HomeMovementos sociaisXornada medio ambiental no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

Xornada medio ambiental no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda

Seis axentes medio ambientais da Comarca de Lemos visitaron este venres ao alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Rosalía de Castro para contarlles en que consiste o seu traballo diario.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade comezou cunha saída ata o Río Mao ao seu paso pola localidade onde os nenos e nenas puideron participar nunha repoboación de cría de troitas. Botáronse ao río un total de 900 exemplares para a súa repoboación, un traballo no que axudaron os alumnos e alumnas e que lles encantou.

Xornada medioambiental Bóveda / Concello de Bóveda

De seguido, xa no centro, o alumnado puido coñecer os vehículos que empregan os axentes nas súas misións, entre eles unha barca. Xa no interior, achegáronse á biblioteca onde levaron a cabo unha formación sobre reciclaxe, residuos e conservación de flora e fauna para coidar a contorna.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, sumouse á visita e agradeceulle á directora do Colexio, Ana de la Fuente, a organización desta actividade tan interesante e participativa para os nenos e nenas.

Xornada medioambiental Bóveda / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...