HomeMedio ambiente e PatrimonioOs museos dos avós, das nais, dos fillos... cando a historia se...

Os museos dos avós, das nais, dos fillos… cando a historia se conta desde abaixo cara arriba

O podcast ‘Que din os Rumososos, arroutadas da Historia de Galicia’ aborda en catro programas (o 7º,8º, 9º e 10º da serie ) a importancia do papel dos museos como elementos de educación e concienciación patrimonial e histórica das sociedades.

Publicado o

- Advertisement -

Os museos son tempo pasado, tempo presente e tempo futuro. Expoñen e crean historias, abren mentes e educan conciencias. “Os museos son lugares onde o tempo se transforma en espazo”, dicía o escritor turco Orhan Pamuk. Precisamente, de xestionar o tempo, de crear pedagoxía con ese tempo, e de educar con ese tempo de antes, pero tamén de agora, vai a nova serie de programas do podcast ‘Que din os rumorosos, arroutadas da historia de Galicia’.

Unha serie de programas que ten a súa orixe no Día Internacional dos Museos e que están centrados, precisamente, na educación e a investigación como eixo da actividade museística. Precisamente, o lema do 2024, ‘Museos pola educación e a investigación’, subliña o papel fundamental das institucións culturais á hora de proporcionar unha experiencia educativa holística.

Esta segunda edición de ‘Que din os Rumososos, arroutadas da Historia de Galicia’ conta con catro programas (o 7º,8º, 9º e 10º do podcast) nos que se abordará a importancia do papel dos museos como elementos de educación e concienciación patrimonial e histórica das sociedades. Os podcast tamén abordan a importancia da xestión cultural e o seu contacto co mundo museístico, como facer accesibles as salas dos museos ás persoas con discapacidade e, sobre todo, falarán da experiencia dos guías, arquiveiros, bibliotecarios ou persoal de administración, que son esas mulleres e homes que traballan arreo para que haxa vida nos nosos museos.

Partipantes nas ‘Xornadas Internacionais sobre museos e educación. Experiencias para difusión do patrimonio e o cumprimento de dereitos culturais’ celebradas na Rede Museística Provincial de Lugo / remitida

Guías, museólogos, xestores culturais ou investigadores

Por iso, nesta serie de catro programas participan, entre outros, a xerente desta importante rede de museos, Encarna Lago e os guías, bibiliotecarios e investigadores que traballan ou traballaron nel como Simón Vicente, Fernando Arribas, Mercedes ou os profesionais con algún tipo de discapacidades Ángeles Miguélez ou José Urbano.

Tamén interveñen museólogos, xestores culturais e expertos en comunicación cultural como Leonardo Casado, Sergio Lago, Ruth Sousa Estévez ou Cristina Beard ou as impulsoras de proxectos culturais e patrimoniais da Ulloa como Patri Coucheiro ou Susana Varela que, a través de Corcosendo, poñen en valor a importancia da industria da costura tradicional na comarca da Ulla nun momento no que unha megacelulosa como Altri ameaza con instalarse na zona.

Esta é a segunda xeira de podcast tras a primeira serie de seis programas adicados á historia medieval de Galicia. ‘Que din os rumorosos, arroutadas da Historia de Galicia’ está producido polos portais web www.historiadegalicia.gal e www.rutasdehistoria.gal e coordinado polo xornalista, divulgador e profesor universitario Xurxo Salgado. Esta segunda edición conta, ademais, coa colaboración da Rede Museística Provincial de Lugo.

Plataformas de escoita

Cada programa publicarase en distintas plataformas de podcast:

iVoox, Spotify:, Apple Podcast ou Podgalego

ÚLTIMAS

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación e posta en valor da muralla medieval

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para a rehabilitación e posta...

Monforte repartirá 3.200€ en premios coa XXI Feira Medieval

A convocatoria destes concursos relacionados coa 21ª edición da Feira Medieval que se celebrará...

O BNG urxe axilizar as obras de reparación e mellora da N-120

O BNG ten denunciado, a través de distintas iniciativas parlamentares, o mal estado xeral...

O PP de Monforte leva ao pleno unha iniciativa para esixir ao Goberno do Estado un novo Plan Director do Corredor Atlántico

O PP de Monforte defenderá no pleno de marzo unha iniciativa para esixir ao...