HomeMedio ambiente e Patrimonio561.000€ para a restauración da cúpula da igrexa do colexio Nosa Señora...

561.000€ para a restauración da cúpula da igrexa do colexio Nosa Señora da Antiga

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudicou por un orzamento de 560.822 euros as obras de restauración da cúpula da igrexa do Colexio do Cardeal. O obxectivo principal da actuación é resolver os problemas de estanquidade na cúpula da igrexa, que están afectando á súa integridade, e outros relacionados co aspecto e conservación das fábricas de pedra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou este xoves o inmoble, onde anunciou que a resolución acaba de ser publicada na plataforma de contratación pública de Galicia. Unha vez formalizado o contrato, estímase que o prazo de execución será de nove meses.

O obxectivo principal da actuación é resolver os problemas de estanquidade na cúpula da igrexa, que están afectando á súa integridade, e outros relacionados co aspecto e conservación das fábricas de pedra.

Arias destacou que este é un novo paso do Goberno galego para garantir a conservación do Colexio do Cardeal, onde nos últimos anos a Xunta realizou importantes investimentos para acometer diferentes obras de rehabilitación e posta en valor. O inmoble, tamén coñecido como Colexio de Nosa Señora da Antiga e dos Pais Escolapios, conta coa declaración de Ben de Interese Cultural dende o ano 2021.

Actuacións previstas

Pese a que os estudos estruturais realizados polo de agora indican que a estabilidade da cúpula non se ve comprometida, previamente avaliarase a repercusión do peso das estadas necesarias para executar a actuación.

Co obxecto de valorar con precisión o grao de deterioro das fábricas e as súas necesidades de consolidación, farase un estudo petrolóxico. En canto aos rexuntados e selados inadecuados, estes eliminaranse – con anterioridade realizarase unha campaña de probas para comprobar a metodoloxía apropiada – e procederase a un novo selado e rexuntado de gretas con métodos e materiais axeitados.

Entre as principais actuacións figura tamén a limpeza da abundante sucidade e colonización biolóxica que afecta ás fábricas; aplicación dun tratamento de impermeabilización; reposición de material pétreo que falta de maneira localizada nalgunhas pezas; así como a substitución das ventás da lanterna e do tambor cunha solución de carpintería que permita a ventilación da cúpula. Ademais revisaranse elementos como grampados metálicos e cableado.

Todas estas intervencións buscan corrixir as patoloxías que poñen en risco a conservación do inmoble. En concreto, pretenden resolver os problemas de deterioro e filtracións de auga que se están a producir por distintos puntos da cúpula da igrexa, que conserva as gretas provocadas polo terremoto de Lisboa en 1755 e outros danos ocasionados por un raio nos anos 80 do século pasado

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...