HomeMedio ambiente e PatrimonioRematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A actuación incluíu labores de roza e limpeza para despexar de matogueira toda a contorna, ademais do acondicionamento do camiño de acceso. Tamén se instalaron catro sinais direccionais na LU-546, visibles en ambos sentidos da circulación. Trátase das frechas de cor maxenta que se empregan para indicar a presenza de elementos patrimoniais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o Bolo de Betote, en Sarria, situado nas inmediacións da estrada autonómica LU-546. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou esta semana a zona para comprobar os traballos realizados pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) co fin de facilitar o acceso e o coñecemento deste xacemento arqueolóxico.

Coas obras colocouse tamén un panel explicativo, deseñado polo arqueólogo Juan Antonio Cano, que achega información aos visitantes. Entre outros datos, recolle que o xacemento foi descuberto en 2006 durante as obras de construción do corredor Nadela-Sarria e que os restos escavados corresponden aos vestixios dun antigo santuario de entre 4.000 e 5.000 anos de antigüidade. Este foi construído arredor dun Bolo natural, cunha serie de pequenas cazoletas gravadas na súa parte superior e que estaba rodeado por un círculo lítico. Dada a súa importancia, decidiuse trasladar o Bolo fóra da superficie afectada pola obra para garantir a súa conservación.

Bolo de Betote Sarria / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...