HomeMedio ambiente e PatrimonioA FEARS promove un 'referendo' para decidir sobre a candidatura da Ribeira...

A FEARS promove un ‘referendo’ para decidir sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Están impulsando esta acción a través da plataforma Change.org e entenden que aquilo que se considera 'Patrimonio Mundial' non debe estar ao único servizo do turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS) está movendo unha campaña en Change.org para reclamar o dereito a decidir sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

Un completo manifesto lembra que a Ribeira Sacra é un territorio rural cunha poboación envellecida, con servizos básicos xa ao límite e problemas de vivenda, sanidade e infraestruturas. A federación alerta de que o selo UNESCO pode agravar estas dificultades se non se planifica con garantías e por iso consideran de vital importancia que se escoite ao pobo, á xente que vive no territorio.

Tras a exposición de potenciais problemas que poden vir pola ‘turistificación’ derivada da declaración de Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra, esixen tres compromisos previos:

1. Un referendo veciñal para decidir entre todos e todas.

2. Información accesíbel e transparente, con proxectos concretos en cada concello e da Xunta de Galicia.

3. Un plan real para dimensionar a sanidade, a vivenda, as infraestruturas, o medio ambiente e os servizos básicos á poboación residente e turística.

“A Ribeira Sacra é un fogar, non un escaparate. Queremos vivir aquí con dignidade, non ser expulsados polo turismo descontrolado e o abandono institucional”, conclúe o manifesto.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...